www.piratasdemuxia.es de loito na memoria de tódolos que nos están a deixar por mor do coronavirus D.E.P.

 

www.piratasdemuxia.es xa está de loito fai unhas semanas por unha grandísima perda a nivel persoal, cousa pola que estará por moitos meses e por sempre, pero a esto sumamos a nosa dor a todos/as que nos deirxaron e que nos están a deixar polo maldito COVID-19, tanto os que nos tocan preto, coma os que nos tocan lonxe, tanto na nosa Galicia, coma en España ou por todo o mundo. Na memoria de todos eles, a nosa dor e o noso sentimento que queremos deixar refrexada con este “In memoriam”.

No ámbito máis de preto nomear a triste, cruel, tráxica, non sabemos como catalogala, morte dunha rapaza embarazada, xunto co bebé que esperaba, no Materno Infantil da Coruña, que era a muller do xogador do equipo A Piña, dos Veteranos da Costa, Juan Castro. A él e a tódlos seus familiares e amigos, extendemos as nosas condolencias e a nosa mensaxe de ánimos, que nistes intres tan duros é o único que podemos ofrecer, D.E.P..

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.