WILLIAM DE CAMARGO, 8ª INCORPORACIÓN PARA O DEPOR 2021/22.

 

A nova de que Eneko Bóveda deixa o clube, temos que unir a da nova incorporación, o xove, William de Camargo, (São José do Rio Preto, Brasil, 27 de febreiro de 1999) que se converteu en novo xogador do Real Club Deportivo para a próxima temporada. Un rapáz, que tal como vos comentamos fai días, xa coñece ben o adestrador Borja Giménez, pois xa o tivo no Cartagena do ascenso, xogando non de dianteiro, senín que de interior dereito, unha praza que deixou orfa, Raí.

William, que como decímos, actúa preferentemente como extremo dereito ou centrocampista ofensivo, chega cedido por unha campaña por parte do CD Leganés, club ao que se incorporou en abril de 2017 procedente do São Paulo FC.

Sen debutar oficialmente co primeiro equipo pepineiro, na temporada 2018-2019 William foise cedido ao FC Karpaty Lviv. No equipo ucraíno apenas puido xogar debido a unha lesión sufrida o día do seu debut.

A temporada seguinte foi novamente cedido ao FC Cartagena, conxunto co que colaborou en gran medida a lograr o ascenso a Segunda División baixo a dirección do novo técnico deportivista, Borja Jiménez, nunha campaña, a 2019-2020, na que disputou 20 partidos (16 de titular) e asinou 3 tantos.

Co conxunto murciano debutou o pasado curso na categoría de prata, na que disputou 12 partidos antes do mercado invernal. A mediados de xaneiro abandonou a entidade branquinegra para incorporarse, tamén cedido polo CD Leganés, ao Valencia CF Mestalla. No filial valencianista xogou outros 12 encontros en Segunda División B na segunda metade da campaña pasada.

 

Altas e baixas no equipo feminino

Alba Merino Sánchez (Guadiana del Caudillo, Badaxoz, 15 de maio de 1989) ampliou a súa vinculación co Deportivo ABANCA por unha temporada máis.

Unha das capitás do Dépor ABANCA renova o seu compromiso coa entidade coruñesa despois de tres temporadas vestindo de branquiazul. Nestes tres cursos, Alba converteuse nun alicerce tanto do equipo como do vestiario.

Pola sua banda Iris Arnaiz despideuse do clube, a afección e a cidade e parece ser que a meta do Madrid CFF, María Sampaio, será anunciada en breve como nova zogadora para a vindeira tempada.

.

-Fotomontaxe : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies