VOLVE A ATRACAR EN MUXÍA O “WHIRLDWIND” O MAIOR VELEIRO DO MUNDO NA SUA CATEGORÍA.

“Whirldwind” atracado no porto deportivo de Muxía.

 

Volveu a atracar no porto deportivo de Muxía o o “Whirldwind”, (“Torbellino”), un veleiro de Nova Zelanda do tipo cruceiro, que é o de maior eslora dos que navegan polos mares mudiais nesta categoría de buque, con 37´65 metros de eslora, 7 de manga e 3 de calado, e un mastil que supera os 30 metros de altura e cun desprazamento de 85 toneladas. Construido nos astaleiros “Holland Jachtbouw” no 1998. Este veleiro xa pasou atracado no porto deportivo muxián durante todo mes de Maio deste ano e retornou facendo escala este pasado venres 24 de Novembro. O porto deportivo “Marina Muxía” é un dos de maior tránsito de veleiros da costa galega e este ano anda en números de record.

-Foto e Texto : Xosé Búa.