VOLTA DA 2ª ELIMINATORIA DA YOUTH LEAGUE : MACCABI HAYFA 3-0 RC DEPORTIVO XUVENIL A : “O PROBLEMA DE LEVAR OS DEBERES CÁSEQUE FEITOS”.

 

Maccabi Hayfa 3-0 RC Deportivo Xuvenil A

O equipo deportivista pasoulle o que soe acontecer cando xa levas os deberes cáseque feitos da casa e só falta darlles un repaso para incluuir algunha cousa e rematalos definitivamente. O 5-1 de Riazor fixo que se xogase sen medo a perder o gañado, pero o cionxunto dirixido por Manuel POablo foi de máis a menos e a piques estivo de que lles empatasen a eliminatoria e ter que xogarse o pase os penaltis. Un só gol dos israelitas faría que houbese empate, xa que nesta competición os goles fora non teñen valor dobre.

Dominou o encontro na primeira metade o equipo deportivista e só concedeu un tiro a porta que atallou de máira brilante Brais Suárez, cun gran paradón. Puido chegar o gol deportivista en ocasións de Mario Domínguez e Rubén López, pero irçianse o descanso co empate e coa ocasión local como preludio do que sería a segunda metade.

Nájera puido facer o 0-1 a volta de vestiarios, pero o seu balón pasaría por enriba do longueiro. A partires daí o Maccabi foise arriba e comezou un asedio que non acabou ata o pitido final, e foron caendo os goles.  

O primeiro chegaba nun centro desde o costado cun remate as primeiras de cambio, que Yonatan Kay Laish meteu para dentro de cabeza. O segundo, após de varios rexeites, xogada embarullada, intervención de Brais e balón cuspido polo poste, minaron a moral dos Deportivistas, que o tentaban timidamente á contra, pero seguían sufrindo atrás.

A nove minutos do final marcaron os locais nun balón entre os defensas que Barcia tapou até liña de fondo pero que servido atrás deixou só a Razon para pór o 3-0. A eliminatoria quedaba a un gol dos penaltis, pero por fortuna non chegou un cuarto gole e agora a esperar rival para a seguinte rolda. 

 

Maccabi Haifa: Selkind, Feingold, Leigh (Khalaili, min. 46), Key Laish, Eissat, Guri (Marelly, min. 76), Hermesh (Sheto, min. 76), Colley (Elmichly, min. 46), Otachi, Razon e Shedo (Zaga, min. 87).

RC Deportivo: Brais Suárez, Nacho Díaz, Barcia, Juan Rodríguez, Manu Rivas (Teijo, min. 63), Mario (Hugo Baldomar, min. 89), Nájera (Hugo Padín, min. 89), Rubén López, Trigo (Jairo, min. 63), Mella e Víctor Guerra (Diego Gómez, min. 69).

Goles: 1-0 Kay Laish (min.49); 2-0 (Elmichly, min. 60) ; 3-0 Razon (min. 81)

Árbitro: Loukas Sotiriou (Chipre). Amoestou a Eissat (min. 7), Mario (min. 40) e Feingold (min. 52)

Incidencias: partido de volta da segunda eliminatoria da Ruta dos Campións da UEFA Youth League disputado no Sammy Ofer Stadium de Haifa ante 500 espectadores.

Sorteo o vindeiro martes

O sorteo dos Play-Off da UEFA Youth League realizarase o martes 14 de decembro en Nyon, con streaming en directo desde as 14:00 h. Club Brugge (BEL), Borussia Dortmund (ALE), Internazionale (ITA), Dynamo Kyiv (UCR) ou Chelsea FC (ING), segundos clasificados dos seus respectivos grupos, son os posibles rivais do Dépor, que non pode enfrontarse, nesa eliminatoria a partido único en ABANCA-RIAZOR o 8 ou 9 de febreiro a Villarreal, Sevilla ou Atlético, que se cruzarán, con outros rivais chegados, como o Deportivo, da Ruta dos Campións da UEFA Youth League.

 

Manifestacións Manuel Pablo

 

“Non soubemos competir, sobre todo na segunda parte. Eles xogaron moi replegados, tentando que nós nos equivocásemos. Na primeira parte chegamos ás inmediacións da área moi fácil. Acumularon moitos xogadores e era difícil entrar. Tivemos situacións de tiro, de desborde que non conseguimos atopar o acerto. En liñas xerais, non nos fixeron ningunha ocasión”.

Iso se, tralo descanso, o técnico deportivista cre que “nos confundimos. Quixemos seguir durmindo o partido e a partir dunha xogada á contra fixéronnos o primeiro. Empezamos a separar as liñas, uns que apertaban, outros que se ían para atrás. Xeráronnos situacións de transicións como foron os seguintes goles. Tivemos o balón moito tempo pero non soubemos arranxar esas situacións de transición. Perdemos un pouco o control. En ABANCA-RIAZOR fomos moi competitivos e un equipo que quería máis. Hoxe conformámonos co que eles propuxeron, un partido parado e con pouco ritmo. Adaptámonos a iso e complicámonos nós sós”.

Advirte de cara ao sorteo do 14 de decembro para o playoff que “calquera rival vai ser complicado. Temos que asumilo. Se traballamos ben podemos ter posibilidades. Temos equipo con calidade, moi bos xogadores. Se estamos metidos, podemos poñer en aprietos a calquera. Como baixemos un pouco o noso nivel, pódenos eliminar calquera”.

Finalmente, felicitou ao Real Club Deportivo e a #ANOSAFORZA polos seus 115 anos de historia: “Que gocen deste día e esperámoslles en ABANCA-RIAZOR para a próxima eliminatoria”.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es