Volantes e Lira empataron no encontro sabatino da 3ª da Costa, (0-0), nun choque moi entretido a pesares de non haber goles.

 O Volantes de Baño e o CF Lira xogaban na tarde deste sábado no único encontro que se dispuatba no fútbol senior da costa na xoranda sabatina, tal e como xa vos informábamos na nosa AXENDA PIRATA. Un choque que se xogaba no Eleuterio Balayo de Muros con sabor a derbi.

Volantes de Baño FC 0-0 CF Lira

Así veu o choque o adestrador dos de Lira, Óscar Leis :

“Arrancamos bastante ben o partido e tivemos as mellores ocasións na primeira parte. Beiro tivo a máis clara, pero tanto el como Iván e Cibrán puideron adiantarnos no marcador. O partido foise igualando e o Volantes foi a máis.

Na segunda parte estivemos peor e foi o Volantes o que tivo máis ocasións, pero aí emerxeu a figura de Raúl baixo paus, que, a pesar de xogar con moitas molestias, mantivo a portería a cero con intervencións de moito mérito. Nós, nesta segunda parte, dispuxemos de só dúas ocasións, pero a máis clara foi no último minuto, nunha boa xogada de Hugo que sacaron baixo paus.”

Volantes de Baño FC : Alexandre, Marcos, Stefan, Eduardo, Javier Romero, Raúl, Iván, Saúl, Hugo, Alexis e Aarón. Tamén xogaron : Adrián, Roberto, Jordy, Maceiras e Rya.

CF Lira : Raúl, Xurxo, Chrístian, Marcos, Ludwig, Cibrán, Iván París, Xabier, Alberto, Freire e Carlos. Tamén xogaron : Alexandre, Ramón, Martiño e Hugo.

Árbitro : José Ramón Fernández

Goles : 0-0

.

3ª DA COSTA

21ª xornada 
Domingo 08/03/2026

Volantes de Baño FC 0-0 CF Lira

CD Baiñas – UC Cee, ás 12:00

SD Oza  UD Cerqueda, ás 19:30

SD Camelle – Sporting Seaia CF, ás 17:00

Inter de Brens – CF Muxía “B”, ás 16:30

SD Laxe – SD Coristanco, ás 17:30

SCD Buño – CD Nantón, ás 18:00

Descansa : Atlético Pereiriña FC 

.

 

.

-Fotos CF Lira : Óscar Leis

-Texto : Xosé Búa “Pirata”