VOLANTES DE BAÑO CF NOVO EQUIPO DA 1ª GALICIA G2

Falábamolo onte na entrevista con José Manul Sil, un empete antre Cacheiras e Villestro dáballe o ascenso ao Volantes de Baño que gañou os dous encontros que xogou ante eles e con goleada. O equipo muradán visita a vindeira fin de semana ao Cacheiras, pero faraocomo equipo ascendido a falla duas xornadas. No día de hoxe Cacheiras e Villestro empataban a dous, (2-2) o que lle da o ascenso aos muradáns, que se xa fixeron historia co subcampionato da Liga da Costa, desta volta fano co ascenso, o que fai que o Concello de Muros teña para a vindeira tempada fútbol de tódalas ligas costeiras, co Volantes de Baño CF na 1ª Galicia G2, o SCDR Esteirana e CD Muros na Liga da Costa e UD Monte Louro na 3ª da Costa.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Volates de Baño CF : xogadores, técnicos, axudantes do clube e afeccionados.

CALENDARIO
SD Cacheiras 1-1 Villestro SD
Volantes de Baño CF 5-0 SD Cacheiras
Villestro SD 2-4 Volantes de Baño CF
Villestro SD 2-2 SD Cacheiras, (02/06)
SD Cacheiras-Volantes de Baño CF, (09/06)
Volantes de Baño CF-Villestro SD, (16/06).
CLASIFICACIÓN
1º : Volantes de Baño CF : 6 puntos, (2 encontros xogados)

2º : Cacheiras CF : 2, (2 encontros xogados)

3º : Villestro SD : 2, (3 encontros xogados) 

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies