VITORIAS DO CORCUBIÓN E OUTES NOS ENCONTROS ADIANTADOS DA 3ª DA COSTA :

Iago Lema fixo o primeiro do Corcubión.

 

UD Corcubión 2-0 CD Nantón

Antón Lestón, (UD Corcubión/Radio Nordés) : “Encontro moi igualado que se resolveu por pequenos detalles. O Corcubión salíu mellor, aproveitando o no ánimo que se creou coa última victoria. Ao pouco de comezar un gol de Lema tras un córner sacado de Chiru xa metía por díante aos locais, que ampliarían distancias uns minutos despois grazas a un gol de Kali logo dun paradón do porteiro a Lagoa. A partir de ahí o Nantón intentou recortar distancias tomando o control do xogo, pero non foi capaz de batir a porta de Marcos. Un tiro de falta ao pau no minuto 30 da segunda parte foi a mais clara dos visitantes. O Corcubión suma 6 de 6 nestes dous encontros, e se aproxima aos postos de playoffs, algo normal tendo en conta a calidade do plantel”.

Fachal, (Adestrador do CD Nantón) : Cando nos chegue  a sua visión do encontro colgarémola aquí.

Goles : 1-0, Iago Lema, (16´); 2-0, Carlos Lojo, (36´).

Incidencias : Expulsado por dobre cartón o xogador corcubionés Mario, (88´e 91´).

 

 

CF Castrelo 0-3 Outes CF

Sergio “Crejo”, (Adestrador do CF Castrelo) : “Primeira parte igualada en ocasións e en xogo, pero non en goles, donde eles foran capaces de marcar dous. Un nun remate de cabeza, e outro tras unha falta directa. A segunda parte empezaríamos presionando para intentar remontar, pero non foi así, e o pouco de empezar expulsaron a Darío, tras unha vermella direta moi rigurosa, e dende aí empezou o dominio deles ata que marcaron o terceiro e xa non habería moita máis  historia”.

Miguel da Laracha, (Adestrador do Outes CF) : “Primeira parte na que nos costou entrar no partido ainda así dominábamos o partido , aí que nunha falta sacada a área conseguimos marcar. Na segunda fomos dueños do partido xerando varias ocasións de gol, co 2-0 o equipo segiu generando ocasiones nunha delas o Castrelo quedase con 10, aí terminase o partido. Clara Vitoria do Outes”.

Goles : 0-1, Simón, (35´); 0-2, Sergio, (36´); 0-3, Simón, (86´)

Incidencias : Debutaron no Outes CF, Robert e Bugallo novas incorporacións.

 

XORNADA 12ª

Sporting Seaia 2-1 Nantón, (Crónica)

Corcubión 2-0 Nantón 

Camelle-Porteño : 08/12 ás 16:15 horas

Castrelo 0-3 Outes 

Monte Louro-Camariñas : 08/12 ás 16:00 horas

 

-Foto : piratasdemuxia.es

 -Texto : Colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies