VITORIAS DE XALLAS E MIÚDAS NOS ENCONTROS ADIANTADOS O SÁBADO DO FÚTBOL FEMININO CON EQUIPOS DA COSTA.

 

No Grupo 4 da 2ª División Galega Feminina xogábanse os dous únicos encontros adiantados o sábado, e neles o Xallas FC recibía ao Victoria FC C, ca premisa de seguir apretando o lider SR Calo, e non fallaron as xalleiras que gañaban por 3-1, con goles de Yasmina, (1´), Saskia, (13´), e Olalla, (67´). O gol das santiaguesas, que representaba o 2-1, chegaba en propia porta, por medio da xalleira Alicia, (53´). Con este trunfo as de Rupper seguen na 2ª praza e provisionalmente a 1 punto do lider.

Pola sua banda o ED As Miúdas, tamén xogaba, para seguir sumando e quedar o máis arriba posible, e tentar entrar na promoción. Coa vitoria sobre o SD O Pino por 0-4, agora mesmoa as de Luis Ferreiro están provisionalmente en posto de “posible promoción”, un posto no que irán a promoción as mellores dos 6 grupos deta 2ª División Galega. Os goles da vitoria muradana foron obra de : Leti, (8´), Pati, (41´), e dous de Elba, (68´ e 80´).

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”.