VITORIAS DE XALLAS E BAIO, EMPATE DA ESTEIRANA E DERROTAS DE DUMBRÍA, MAZARICOS E SONEIRA NA 1ª GALICIA E VITORIA DO SOFÁN E DERROTA DO FISTERRA NA PREFERENTE.

 

Mala a resaca da Semana Santa para 3 dos equipos da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, Dumbría, Soneira e Mazaricos, e moi boa para Xallas e Baio, un na loita por arriba e o outro por abaixo. Pola sua banda a Esteirana rascaba un bo punto na sua visita ao Calo, rival direto por afastarse dos postos de arrastre o descenso. Os baieses saen beneficiados desta xornada xa que aproveitan a derrota do Mazaricos e o empate antre Esteirana e Calo, todos eles inmersos na loita pola permanenza.

Na Preferente Norte o Sofán segue en doce e gañaba a domicilio ao Ribadeo por 0-2, con goles de Jacobo, (19´), de penaltio, e de Marcos, (86´), sumando así a sua quinta vitoria consecutiva e 11 xornadas sen coñecer a derrota. Pola sua banda o Fisterra colleiytaba unha nova derrota, desta volta ante o Unión, por 1-4. O gol dos fisterráns era marcado por Makaay no 67 e representaba o 1-3.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies