Vitorias de Negreira e Xallas, empates de Arteixo e Sofán e derrota do Noia

Resultados dos equipos da “Zona Pirata”.

-Vitorias de Negreira e Xallas, empates de Arteixo

e Sofán e derrota do Noia-

CF Noia caía pola mínima ante o Puebla CF no que se pode catalogar como un derbi, nun choque que se resolvía no derradeiro suspiro cando Papa Ibrahima batía a Alberto, (87´). Foron os noieses os únicos que caeron derrotado dos equipos da nosa maior zona de seguimento. O Xallas FC acadaba un importante trunfo na loita pola permanenza o golear ao colista Agrupación Estudiantil, (0-5), con goles de Álex Blanco, que facía un “Hat-trick”, o terceiro deles de penalti, (14´, 47´e 91´), e os outros dous goles, un en propia porta de Mamadou, (76´) e o outro de Iago López, (87´). O SD Sofán sacaba 1 punto da casa do CSD Arzúa, (1-1), nun encontro no que se adiantaban os sofanistas por medio de Iván Rey o fío da hora de xogo, (58´) e empataban no derradeiro treito do arzuanos, por medio de Brais, (74´). Tamén acadaba unha igualada o Atlético Arteixo e facíao ante o CD Foz, (2-2). Dous goles de Oladapo, (76´e 87´), na parte final do encontro valíanlle aos arteixáns para sumar 1 punto, cando ían perdendo por 0-2. A vitoria da xornada chegaba por medio do SD Negreira que derrotaba a domicilio pola mínima ao Órdenes SD, no derbi montañés. Un gol de José Luis Cea no 92 dáballe os puntos aos nicranienses…Abre a nova o completo para ver a clasificación e a vindeira xornada.

CLASIFICACIÓN

30ª Xornada

24/03/2019

SD Negreira-CD Foz

SD Sofán-CD As Pontes

Xallas FC-Viveiro CF “A”

CD Noia-SD Dubra

Puebla CF-Atlético Arteixo

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-