SD Sofán no “Ponte dos Brozos”, (Arteixo).
SD FISTERRA 1-1 SD SARRIANA
Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido moi disputado por ambos equipos, cun ritmo de xogo moi alto. Poucas ocasións de gol, Primeria parte igualada como todo partido, non había un dueño do xogo, o ritmo era moi elevado, e vencían as defensas sobre os ataques. Adiantouse o Sarriana nun remate de cabeza no primeiro pao, de saque de corner no minutos 15. O Fisterra puido empatar nun tiro de fora do área de Santi ,despois dunha boa xogada de Julián e Makaay. Empatou Aarón López o rematar de cabeza un saque de banda, no minuto 30. O ritmo de partido ía facendo mella no Fisterra, o Sarria seguía apretando, en xogo de medio campo e balóns longos.
O perigo viña sempre a balón parado en ambas áreas. A polémica de partido foi por un penalti non pitado o Sarria que ocasionou as protestas, e a expulsión por dobre amarela dun xogador do Sarria. Faltaban 10 minutos pata finalizar o partido. O final do partido, no minuto 4,5 Aarón Lobelos tivo una ocasión moi clara, para poñer o 2-1. De todas formas resultado moi bo para ambos equipos, para seguir aí arriba. Gustoume moito o Sarriana, sobre todo o bloque e a sua intensidade de xogo”.
FICHA TÉCNICA
+++
ATLÉTICO ARTEIXO 0-1 SD SOFÁN
Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “Partido moi serio da “SD” ante un rival que sobre todo na primeira parte non se senteu cómodo en Ponte dos Brozos e con un Sofán moi cómodo e coas ideas moi claras dende o inicio. A primeira ocasion chega no 12′ onde unha combinación entre Luis, Carro e Fabián e o balón chega o espacio para incorporación de Viqui, que centra, e non chega ninguen o remate.O Sofán estaba cómodo no campo e con Luis e Viqui chegando con claridade por banda esquerda. Foi nun cambio de orientación de Canedo onde o balón chega a Luis, que despois dun excelente control, acomoda o balón, para desde fora da área lanzar un potente tiro cruzado ante o que nada pode facer Rumbo, (minuto 26). No 36′ unha falta lonxana sacada por Luis ten que desviala Rumbo a corner para evitar problemas. Os achegamentos do Arteixo sobre a meta de Álex foron sobre todo en accións a balón parado. Co 0-1 chegouse o descanso. No segundo tempo o Arteixo adiantou liñas para buscar o empate e conseguíu encerrar o Sofán e poñelos en problemas cando intentaban combinar. Nun centro lateral, entre Viqui e Álex complícanse e na sua saida Álex choca con Nano, onde os locais reclamaron penalti. No 64′ e tras unha falta frontal sacada por Carro, onde se asocia con Raúl, que cede a Gody e o seu tiro sae fora por pouco. No 75′, nova contra do Sofán que inicia Fita, este cede a incorporación de Alexandre e o seu tiro atallao Rumbo. O Arteixo modificou o seu esquema deixando 3 centrais e acumulando xente en liñas máis avanzadas, pero as suas contras e os seus centros eran ben resoltas pola defensa sofanista. De aí o final o Sofán cerrou liñas agardando o remate do partido e conseguindo a primeira vitoria lonxe do Carral”.
FICHA TÉCNICA
+++
GALICIA DE MUGARDOS 2-1 XALLAS FC
Adrián Lema, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido diante dun gran rival que está demostrando un gran nivel. Na primeira parte o Mugardos saeu máis enchufado, ainda así marcamos primeiro pero non nos durou moito a alegría xa que o Mugardos empatou. Na segunda parte o Xallas saeu máis enchufado, e tíñamos máis o balón, pero só nunha falta lateral, e en corner chegábamos a portería contraria. A mala fortuna castigóunos cun gol do Mugardos no minuto 90. Creo que fixemos méritos para sacar algo positivo”.
FICHA TÉCNICA
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR