VITORIAS DE CERQUEDA E CORME NOS ENCONTROS SABATINOS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA.

As cormelanas suman 31 goles esta tempada.

 

SDC Órdenes 2-4 Corme CF

Bo encontro da cormelanas que se adiantaban no marcador moi pronto, cun tanto de Ana María, (8´), e poñían terra de por medio pouco despois. Naroa facía o segundo para as do Roncudo, (18´). Un gol pasada a media hora de xogo, deCandela, (33´), abría o encontro, para a segunda metade, pero Naroa volvía a abrir fenda no marcador aos 51 minutos de xogo. No treito final, Aroa sentenzaba e cortaba calquer clase de reacción das de Órdes, que maquillaban o resultado no tempo de desconto, cun tanto de Eva Tacón. Con este trunfo as cormelanas suben ao 8º chanzo da clasificación, superando as de Órdes e afianzándose na permanenza con 18 puntos e mirando de preto a promoción.

 

UD Cerqueda 2-1 CCD Curtis

Primeira vitoria da tempada para as cerquedenses que ademáis deixan o posto de colista para cederllo as de Curtis. Adiantábanse as de Cerqueda aos 3 minutos de xogo por medio de Inés Vilariño, nunha boa primeira metade, na que Paula Veiga facía o segundo antes do descanso, 841´). Na segunda metade tocaba defender o resultado e buscar amplialo, pero no treito final, chegaba un gol da vistante Paula Bergantiños, (78´), que daba tensión aos minutis finais, pero non se movería o marcador.

 

-Foto : Eduardo Cambón

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies