VITORIAS DE BERGANTIÑOS E SOMOZAS NOS DOUS ÚNICOS ENCONTROS XOGADOS DA 3ª DIVISIÓN G1.

O once inicial do Bergantiños CF na Magdalena.

 

Tal e como vos informábamos na previa da 15ª xornada da 3ª División galega, tan só se disputaban dous encontrtos, e quedaban adiados os outros 4 por positivos en COVID-19 en varios dos equipos.

Os únicos dous encontros tiñan en liza aos dous máximos aspirantes o título, o Bergantiños CF que visitaba ao Racing Vilalbés, (3º clasificado), e o UD Somozas que recibía no Manuel Candocia ao Viveiro CF, (7º).

Os carballeses derrotaban ao equipo vilalbés por 0-2 con goles de Yelco, (55´) e Marcos Remeseiro, (67´), nun choque moi serio dos de Lemos que lle inflixían is da Magdaleha a primeira derrota no seu feudo.

Pola sua banda os das Somozas goleaban aos viveirenses con goles de Luis, (20´), na primeira metade, e de Iago, (58´), na segunda metade, e David Rojo, no desconto de penalti.

Con estes resultados o Bergantiños CF segue segundo con 27 puntos tralo UD Somozas, que suma 29, pero cun encontro menos os carballeses, ademáis do encontro que deben disputar os dous nas Eiroas.

-Foto : Bergantiños CF

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies