VITORIA TRABALLADA DO FS VILLA DE CEE NA CORUÑA ANTE O CLUB DEL MAR, (3-6).

Coruñeses e ceenses saindo a pista de San Amaro.

 

Club del Mar San Amaro 3-6 FS Villa de Cee H. La Marina

Encontro que estivo en grande parte controlado polo equipo ceense que chegou a ter unha ventaxe de 0-3 a media hora de xogo. Nun pequeno baixón polo resultado a favor os coruñeses chegaron a poñerse 3-5 con opcións a meterse no encontro pero o gol dos ceenses que supoñía o 3-6, obra de Félix Quintela, deixaba o choque resolto.

Os ceenses con estes 3 puntos ocupan a segunda praza con 32 a 4 do lider Concello de Begonte FS. Na vindeira xornada, (14ª), reciben o día 15 de Nadal, (salvo troco), ao Insuas do Miño Rábade, 7º clasificado.

Club del Mar San Amaro : Joaquín, Martín Bellas, Martín Fernández, Hugo e Javier Sande, (5 inicial). Crístian, Borja, Javier Ávila, e Andrés.

FS Villa de Cee Hotel La Marina : Pose, José Antonio, Juan Carlos, Félix e Javier, (5 inicial). Pablo, Mario e Fran “Pioto”.

Árbitros : Carlos Suárez, Sergio López e Paula Garrido

-Non amosaron ningún cartón.

-Foto : FS Villa de Cee

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.