As Miúdas e As Miudiñas posando en “familia”.
Carreira CF 0-5 ED As Miúdas
Nin o frío, nin o vento, nin a choiva nin o Carreira foron quen de dominar as Miúdas na desapacible mañán do domingo, na que dominaron o encontro de principio a fin.
Leti no minuto 2 tocaría o balón nun córner ben botado por Gala cando xa se colaba no marco para facer o 0-1, e Ainoa no minuto 6 deixaría claras as intencións das muradanas que viñan a rubricar o enchufadas que saíron o campo. Sucedéronse as ocasións visitantes ata o descanso pero Gala non tiña a mira afinada neste día e o bo facer defensivo evitaría que Laura pasase traballo baixo paus no primeiro acto.
A volta de vestiarios mesma tónica do arranque, Ainoa voleve a gañar a area en velocidade e malia o intento de derrubala cando encaraba consigueu rematar alto para facer o 0-3 no minuto 48. Antía sumaríase en ataque para facer o cuarto dous minutos despois finalizando unha boa xogada en equipo que ela misma empezou.
A ocasión máis clara das ribeirenses acabaría petando no lateral do pau e indo fora nun dos poucos achegamentos que concederon as da Costa da Morte. E a propia Antía faría o definitivo 5-0 cun misil directo a escadra local dende 40 metros rubricando un bo partido a nivel colectivo dunhas Miúdas que a próxima semana terán un examen esixente ante o segundo clasificado o Arzúa”.
Aliñacións antes do inico do encontro.
FICHA TÉCNICA
Fran Figueroa dando instruccións na banda.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.