VITORIA SEN PALIATIVOS DO BERGANTIÑOS FEMININO EN NARÓN NA 4ª XORNADA DA 1ª GALEGA FEMININA, (0-6).

Goleada das bergantiñanas en Narón.

 

SDCR Narón O Freixo 0-6 Bergantiños FC

Prácido encontro para as bergantiñanans que non atoparon rival na naronesas. O encontro xa quedou solventado na primeira metade, na que se ían a vestiarios cun craro 0-4, con goles de Cruz, (3´), Carmen, (10´), Zaida, (30´), e Inés, (39´). Na segunda completaban o “set en branco”, Paula, (67´) e Laura, (72´).

Clasificación

O empate antre o CD Lugo e o Sárdoma CF “B”, (1-1), que mandaban na liga con 9 puntos cada unha das escadras, fai que as bergantiñanas, e o Victoria CF “B”, empaten con elas na cabeza da táboa con 10, sendo agora as coruñesas líderes por golaveraxe e as carballesas segundas.

Próxima xornada

O Bergantiños FC Feminino recibe na 5ª xornada de liga ao SD Tordoia, no “As Eiroas”, o Domingo 9 de Outubro a partires das 17:00 horas. As toroiesas chegan o derbi tras derrotar a semana pasada ao Atlético Arousana por 3-1, e con 7 puntos tras 2 vitorias, 1 empate e unha derrota.

 

-Foto : Bergantiños FC Departamento de Prensa

-Texto : piratasdemuxia