Vitoria sen despeitearse do Depor na primeira pachanga de pretempada ante un rival moi inferior.

SD Compostela 0-4 Depor

Primeira pachanga de pretempada e primeiras impresións. Pouco máis se podía pedir dun encontro destas características ante un Compos que apenas acumula tres días de adestramentos e que aínda está moi verde. O Dépor foi moi superior de principio a fin, dominando o balón, presionando arriba e deixando claro desde os primeiros minutos a diferenza de ritmo e preparación entre ambos equipos. Ó 0-4 é o de menos, porque o importante era empezar a coller pernas, automatismos e minutos de competición e que non houbese lesións.

O amigable tamén serviu para ver en acción a todos os novos fichaxes, que dispuxeron dos seus primeiros minutos coa camiseta branquiazul, agás Aubameyang, que chegaba esta mesma mañá á Coruña e presenciou o partido desde a bancada acompañado por Mella, Yeremay e Loureiro. Os tres continúan cun plan específico de traballo: Mella encara a recta final da recuperación do seu xeonllo, mentres que Yeremay e Loureiro adéstranse con máis precaución para evitar riscos nestes primeiros días. Extrañou a ausencia de Patiño do que se fala de interese do Bradford inglés.

En definitiva, unha tarde sen demasiadas lecturas futbolísticas, porque aínda é moi cedo, pero que deixou boas sensacións e permitiu empezar a ver as primeiras pinceladas do Dépor de Antonio Hidalgo. Destacar o primeiro gol de Teun coa camiseta deportivista culminando un tremendo centro de Luismi desde a banda o punto de penalti e os dous goles de Chouri, en especial op segundo de semi chilena.

A partir de agora chegarán probas de maior esixencia, nas que xa se poderá comezar a sacar conclusións máis serias, a seguinte será o vindeiro sábado a partires das 18:30 horas ante o Real Oviedo un equipo que tentará o retorno a Primeira División na vindeira tempada.

Depor :
1ª parte: Leo Román, Alti, Xavi Comas, Ede Bright, Xabi Campos, Ximo Navarro, Amatucci, Teun Gijselhart, Mario Soriano, Luismi Cruz e Nsongo Bil.

2ª parte: Ferllo, Samu, Noubi, Barcia, Quagliata, Villares, Riki, Noé Carrillo (Kevin, 74′), Asp-Jensen, Guerrero (José Ángel, 74′) e Zakaria Eddahchouri.

Goles: 0-1, Teun Gijselhart (18′); 0-2, Zakaria Eddahchouri (63′); 0-3, Zakaria Eddahchouri (75′); 0-4, Kevin Sánchez (90+2′).

Árbitro: Alberto Gómez Lameiro, (colexio pontevedrés), como era de esperar pasou desapercibido nun encontro sen tensión.

Toda a pretempada televisada 

Os seis encontros que restan da pretempada serán televisados pola TVG, na sua primeira canle, (hoxe foi pola TVG2), e pola canle de YouTube do RC Deportivo.

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : RC Deportivo