VITORIA POR TODO O ALTO DO DEPORTIVO LICEO NO ESTREO EN EUROPA DESTA TEMNPADA :

 

Forte dei Marmi 2-6 Deportivo Liceo
O Deportivo Liceo estreouse ao grande na Ok Euroleague 2019-2020 con vitoria na pista do Forte dei Marmi, Campión da pasada edición da liga Italiana e recente Supercampión nacional. Tras un primeiro tempo no que os locais foron superiores en cuestións de intensidade e ocasións claras de gol, os pupilos de Juan Copa adiantáronse cun gol de Platero (0-1), que, posteriormente acabaría sendo eclipsado pola remontada momentánea do cadro italiano coa segunda diana de Ambrosio (2-1) desde o punto de pentalti.
O equipo liceísta non só foi capaz de darlle a volta ao marcador, senón que tomou as rendas dun partido complexo e esixente a nivel de intensidade desde o minuto 1 de xogo. Os 2 goles de Marc Grau e os 3 de Dava Torres en tan só 20 minutos, protagonizaron unha remontada de altura que comezou a xestarse coa reestruturación defensiva tras o descanso.
Despois desta vitoria, o Deportivo Liceo figura como primeiro clasificado do grupo D en competición europea, seguido do Oliveirense, o SCRA St. Omer francés e o Forte dei Marmi.

.

.

Forte dei Marmi: Gniata (P), Motaran, Burgaya, Rubio y Ambrosio -cinco inicial- Mattugini, Maremmani, Giovanetti, Ambrosio e Bertozzi (P).

Deportivo Liceo: Carles Grau (P), Franco Platero, Bruno Di Benedetto, Dava Torres y Roberto Di Bendetto -cinco inicial- Marc Grau, Maxi Oruste, Facundo Bridge, Fabrizio Ciocale e Martín Garaboa (P).
 
Goles: 0-1, Franco Platero (min. 10); 1-1, Ambrosio, (min. 15); 2-1, Ambrosio (min. 26); 2-2, Marc Grau (min. 32); 2-3, Dava Torres (min. 36); 2-4, Marc Grau (min. 42); 2-5, Dava Torres (min. 44); 2-6, Dava Torres (min. 46).
 
Árbitros: Miguel Guilherme (PT) e Luis Pexoto (PT). Amonestaron a Roberto Di Benedetto cun cartón azul no minuto 41. 

 

-Texto : Prensa : Deportivo Liceo 

-Foto : Deportivo Liceo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies