VITORIA POLA MÍNIMA DO UC CEE FEMININO ANTE O ED AS MIÚDAS, (0-1), NO PRIMEIRO DERBI OFICIAL DO FÚTBOL FEMININO COSTEIRO.

 

UC Cee 0-1 ED As Miúdas

Tal e como vos adiantábamos na previa, na tarde deste pasado Domingo xogábase no San Paio de Refoxos o primeiro derbi de Fútbol Feminino federado. UC Cee debutante esta tempada na 2ª División Galega Feminina G3 e no fútbol feminino federado, tiña en fronte a un ED As Miúdas que vai pola terceira tempada e xa consolidado na zna alta da competición. Chegaban as ceneses no terceiro chanzo, con 15 puntos de 18 posibles, nun arranque impreionante das rapazas dirixidas por Rafa Suárez. Pola sua banda o ED As Miúdas de Fran Figueroa, chegaba na 4ª praza, xusto por debaixo das ceenses e con 10 puntos. O choque auguraba bos bímbios, co que había sobre o tepe e así foi, nen o mal tempo reinante puido ca festa do fútbol feminino costeiro, só houbo un gol, o de Lucía Canosa aos 26 minutos de xogo, pero o fútbol e a emoción campou polo San Paio de Refoxos ata o pitido final. O único malo foi a lesión de Saray Duarte, que sufriu unha rotura no radio e a que lle desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación.

 

Así o viron en ambos equipos :

Muchi, (Coordinador do UC Cee) :Tarde histórica a deste Domingo no San Paio de Refoxos, onde o noso equipo conseguiu gañar o primeiro derbi da historia da Costa da Morte en categoría feminina. Non quixo perderse a cita a chuvia, igualando todavía máis o encontro, e facendo del unha continua loita entre os dous conxuntos contra ás condicións do terreo de xogo. A primeira metade estivo moi dominada polas nosas, con avisos de Laura Garrote e María Lijó á porteira visitante. Ata que apareceu unha vez máis Lucía Canosa, que tras recibir o balón nunha boa saída das locais, faría as delicias do público asistente cunha xogada individual que acabou no fondo da rede, facendo xustiza ao visto ata o momento. Co paso dos minutos, o partido volveuse máis trabado, e na segunda metade as Miúdas foron quen de ir avanzando cara a meta defendida por Noemí, que realizou dúas grandes paradas para evitalo empate. Aínda así, as locais estiveron moi intensas e seguras na liña defensiva, facendo imposíbel os intentos visitantes. E aínda verían como era anulado un gol de Lucía Canosa por fóra de xogo. Tocou sufrir ata o final.

No derradeiro suspiro, un lanzamento de falta ao longueiro poría en perigo os tres puntos, que finalmente ficaron no San Paio, e permite ás nosas rapazas poñer terra de por medio na táboa clasificatoria coas súas perseguidoras, asentándose no pódium da competición.

A vindeira semana visitaremos ao Touro, en busca de tres novos puntos que permitan seguir con esta racha de vitorias e boas sensacións do noso, xa histórico, equipo feminino.

A nota negativa foi a lesión de Saray Duarte, que sufriu unha rotura no radio, que a terá afastada dos terreos de xogo durante un tempo. Enviamoslle todo o noso ánimo e desexámoslle unha pronta recuperación”.

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Nin a tarde desapacible, nin as numerosas baixas das visitantes, nin a borraxeira da segunda parte, nin si quera o Vakner enfadado, nada pudo empañar un bonito duelo en modo costeiro brindado por 32 jerreiras que non pararon en 90 e tantos minutos de disputar un partido de altura, o duelo quedou de lado das locales, que se impuxeron no primeiro treito do encontro ainda que non concretaban a meta defendida por unha Laura que volveu a deixar o mediocentro para poñer as lubas. O único tanto do encontro sería obra de Lucía, que roubou no medio un balón dividido e tras zafarse de Antía non perdonou por baixo cruzando ó segundo pau no minuto 26. Tralo gol o dominio do balón e as ocasións alternábase, Ainoa levaba perigo en arrancadas pola esquerda pero as defensoras ceenses aplicábanse con boas coberturas e axudas para frear a velocidade da de Outes, mentres que polas locales, nin Uxía nin Sharay eran quen de gañarlle as costas á zaga muradana, e así se chegaría o descanso.

Na reanudación as locales querían sair dende atrás pero as Miúdas meteron presión en campo rival roubando con perigo e evitando as contras das locales. Noemi estivo máis acertada que Gala e Antía en sendos lanzamentos desde fora. Pola contra, o Cee reclamaría o 2-0 nun fora de xogo dubidoso na única xogada de perigo das ceenses nonsegundo acto. E nos últimos 15 minutos as visitantes botaron canto tiñan no céspede mollado e cuberto de borraxeira para atrincherar en area contraria o Cee, xogando con perigo cada balón pero sin puntería e atopando en Noemi un muro infranqueable. Antía tivo o empate no último suspiro, deixando muda a numerosa bancada e cun golpe no longueiro que ainda retumba por toda a costa pero que sairía despexado deixando os tres puntos no Sampaio de Refoxos nun duelo histórico e disputado, que refrendou o bo facer do equipo local e volveu a amosar a coraxe dunhas Miúdas que non paran ante ningún percance. O esforzo das visitantes foi dedicado o xuvenil Fran, que na tarde do sábado sufriría unha grave lesión no mismo terreo de xogo ante o mismo rival”.

 

ED As Miúdas tivo un detalle co compañeiro dos xuvenís Fran

lesionado de gravidade.

 

FICHA TÉCNICA

 

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

-Ficha técnica : RFGF/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies