VITORIA INCONSTESTABLE DO ED AS MIÚDAS SOBRE O CF NOIA, (6-3) NO DERBI DA RÍA E QUE ADICAN O TRISTEMENTE DESAPARECIDO “PANA” E O CF LIRA.

Gardouse un sentido minuto de silencio na memoria de “Pana” o “Gran Capitán” do CF Lira.

 

ED As Miúdas 6-3 CF NOIA

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Día de derbi, desta volta o da Ría de Muros e Noia que tivo un claro dominador.
O partido veu precedido dun sentido minuto de silencio na memoria do Pana, gran capitán do CF Lira finado nesta semana. E pronto demostraron as locales o que estaba por vir, xa que, no primeiro minuto un balón en banda nos pes de Ainoa que se vai con facilidade da súa marca e define con acerto ante a saída da cancerbeira noiesa. Seguiron acosando en campo rival as locales e tras un remate de Pati o balón sae despexado a córner, e alí se dirixeu Gala para executar directamente e clavar o terceiro gol olímpico da temporada para o seu casilleiro particular, minuto 8 e 2-0 facendo soar as carracas da afición muradana. Sacudíronse as noiesas nunha contra, e tras un saque de banda a zaga local logra rexeitar en primeira instancia pero saen tarde e o rexeite atopa a Xulia que bate a Laura por alto dende a frontal no minuto 16.
Leti podería ampliar a vantaxe para as de Muros si acertara o rematar outro saque de curruncho ben botado por Gala, pero o testarazo vai por riba do marco.

As de Noia colleron aire beneficiándose dun claro fora de xogo que o único que non veu foi o colexiado, e empataron á media hora entre as protestas de banco e grada local. Pero o efecto no cuadro da Costa da Morte foi máis que positivo, tras poucos minutos de dudas volveron tomar o dominio e posicionarse en campo rival. E nos últimos 5 minutos do primeiro acto finiquitaron, co acerto que lles viña faltando en partidos anteriores. Martina cun zapatazo dende casi a liña do centro do campo sorprendeu á gardamallas visitante que non logrou rexeitar no minuto 41, a capitana Pati, tras un gran traballo na presión na salida dende portería rouba e fusila no 42, e antes do pitido sumouse á festa Marcela, subindo dende o lateral sorteando a dúas rivales e chutando dende o extremo dereito facendo que tanto o balón como Diana acaben dentro da portería noiesa. E co 5-2 soaba o silbato para ir a vestiarios.

Na reanudación as visitantes intentaron dominar máis o balón, buscaban perigo nos pes dunha Sara que destacou sobre o resto mostrando a sua calidade, pero non topou fisuras nunha defensa local que apenas concedeu espacios e achicaba con contundencia. O balón non tiña un claro dominador, pero as mellores ocasións seguían sendo para as Miúdas, Pati tivo varias dentro da area chegando antes que Diana que tocou de todo menos balón en dous enfrontamentos ca capitana local, pero en lugar de penalti o xuiz ainda sacou cartón para unha Pati que ademáis levou o golpe. Si acabou vendo unhas claras mans dentro da area tras un disparo, pero Antía lanzou fora a pena máxima intentando axustar por abaixo.

Pouco despois Gala fixo soar o longueiro de Diana cun forte chut dende fora, e de maneira inexplicable o colexiado anula o gol na xogada posterior sinalando un fora de xogo con duas defensoras por detrás de Ainoa, que non entendía o que se estaba sinalando…
A propia Antía resarciuse do erro na pena máxima fusilando por baixo tras un libre directo facendo o 6-2 no minuto 83.
E antes do final do encontro un balón ás espaldas da defensa local acabou co definitivo 6-3 obra de Raquel.


Recuperan así as boas sensacións as locales que quixeron dedicar un gran partido a toda a familia liracha que atravesa momentos baixos tralo pasamento dun gran valedor da sua historia. Que a terra che sexa leve Pana, vai por ti. Vamos Roxiños!
“.

ED As Miúdas : Laura, Marcela, Paula, Martina, Antía, Leti, Gala, Pati, Marta, Ainoa e Eva. Tamén xogaron : Sabela, Iria, Ana, Adriana e Mariña.

CF Noia : Jessica, Diana, Natividad, Melania, Julia, María Julia, Sara, Carlota, Gema, Xulia e María Dominga. Tamén xogou : Raquel, Celia, Fayna, María, e Noelia.

Goles : 1-0, Ainoa, (1´); 2-0, Gala, (228´); 2-1, Xulia, (16´); 2-2, Gema, (30´); 3-2, Pati, (42´); 5-2, Marcela, (44´); 6-2, Antía, (88´); 6-3, Raquel, (desconto´).

Árbitro : Francisco Manuel Brión, (amonestou a Pati do ED As Miúdas).

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo propias e intransferibles.

-Fotos e Texto : Fran Figueroa

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.