VITORIA INCONSTESTABLE DO CF MAZARICOS FEMININO SOBRE O 3º, UD A ESTRADA, (4-0), PARA SEGUIR INVICTAS NA CASA.

LIGA FEMININA F7 GRUPO SANTIAGO

17ª Xornada 

O CF Mazaricos segue invicto na casa.

 

CF Mazaricos 4-0 UD A Estrada FS

José Ángel Carreira, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido controlado de principio a fin polas nosas, levamos o xogo a onde queríamos. Dende o minuto 1 non concedemos ningún erro en defensa onde fomos moi fortes grazas a presión feita por todas as xogadoras . Aproveitamos ben as ocasións que tivemos en ataque. O primero gol faino Graci de volea dende fora da área, tras un saque de banda a favor. O Estrada intentaba chegar a nosa portería con tiros lonxanos pero en ningún momento intimidaron a María Pedrosa. Na primeira parte poderiamos aumentar a distancia no marcador cunha falta de Graci onde a porteira fai unha boa parada.

Na segunda parte máis do mesmo, moi fortes en defensa onde non concedemos ningunha ocasión. Nunha xogada illada Graci volve a marca o gol da tarde tras unha volea dende a frontal da area que entra pola escadra, a porteira visistante non poido facer nada. O Estrada veuse abaixo, e nunha xogada onde María Senra fai ben a presión, consegue que a porteira erre e esta faille un penalti máis que claro (xogada que marcaría o devir do encontro pola expulsión dunha xogadora do Estrada por dirixirse a afición mazaricana) que non conseguimos materializar. Cunha xogadora máis sobre o campo fixémonos co dominio do balón. O terceiro gol chega por parte de Ánxela que desta vez transforma un novo penalti. Co encontro mási que decidido Graci completaría o seu particular Hat-trick cun gol nos derradeiros minutos”.

CF Mazaricos : María Pedrosa, Graciela, María Senra, Tamara, Ánxela, e Lucía. Tamén xogaron : Jenifer, Ainara, Celia, Izadora, Katia e Yolanda. 

UD A Estrada : Sarayey, Rocío, Eva, Andrea, Raquel, Laura e Tamara. Tamén xogaron : Maía, Sandra e Nerea.

Goles : 1-0, Graciela, (23´); 2-0, Graciela, (32´); 3-0, Ánxela, (46´ de penalti); 4-0, Graciela, (56´);

Árbitro : Manuel Rodríguez.

Incidencias : Expulsou do UD A Estrada a Sandra con vermello direto, (35´) e amonestou as estradenses : Sarayey e Eva. Ningún cartón para as mazariquenses. O encontro xogouse no campo de herba artificial da Picota, (Mazaricos).

 

CLASIFICACIÓN

O CF Mazaricos ocupa con esta vitoria na que ven de derrotar con autoridade ao 3º clasificado UD A Estrada FS, a 6ª praza con 29 puntos.

VINDERIA XORNADA

O equipo mazaiquense descansa na vindeira xornada que será a 18º do campionato. Retoma a competición o día 8 de Febreiro ca visita a “Picota” do Calo SR, lider da competición.

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

Texto e Foto : José Ángel López/Jorge Villar “Gorrión”

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies