VITORIA DOS CADETES E DERROTA DOS INFANTÍS, NOS EQUIPOS DE BASE DO FISOBER.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Xogaban os cadetes e infantiles do Fisober coma locais na ID de O Conco e ao igual que o primeiro equipo todo na tarde deste domingo o que fixo que Dani Costa estivera ao cargo de ambos oa ter que viaxar Ana Mouzo a Vigo.

 

 

Na Liga Galega Cadete Masculina e dentro da 9ª xornada de liga no seu grupo Norte o Fisober recibía na tarde do domingo ao Troula Betanzos con triunfo dos costeiros por sete a un.

Polo Fisober formaron: David, Pablo Costa, Arturo, Iago Insua, Javi; Tamén xogaron: Mario, Iago Larrañaga, Brais, Juan Emilio, Adrián, Álex.

Os goles foron costeiros foron obra de: Iago Insúa en tres ocasións, Mario en dúas, Juan Emilio e Arturo en unha.

Os colexiados foron Noemí Costoya e Nicolás Antonio Cutrone.

A vindeira xornada os costeiros visitan Os Meigallos en Sarria.

 

 

Na Liga Galega Infantil Masculina e dentro da 8ª xornada no seu grupo Norte A o Fisober recibía na tarde do domingo ao Atlético Fátima- P. Alto do Vento FS no que era o primeiro partido da segunda volta con triunfo visitante por cero a sete.

Polo Fisober formaron: Adrián, Manu, Mario, Fran, Pablo Taboada; Tamén xogaron: Diego, Gael.

Os colexiados foron Noemí Costoya e Nicolás Antonio Cutrone.

A vindeira xornada o Fisober visita ao AJ Pombo Hércules FS.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad