CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER
Competían este fin de semana o cadete e o infantil masculino de liga galega.
Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte e dentro da 22ª xornada de liga o Fisober recibía ao Academia 5 Coruña B no P.M. de Cee na tarde do sábado con triunfo costeiro por cinco a un.
Polo Fisober formaron: Brais, Pablo Costa, Javi, Álex, Adan; tamén xogaron: Adrián, Juan, Leo, Yonatan, Iago Insua.
Os goles costeiros foron obra de Pablo Costa en tres ocasións e Adan en dúas.
Os colexiados foron Carlos Raggiati e Noemí Costoya.
A vindeira xornada o Fisober visita ao Esteo nas Pontes que posiblemente sexa o finde do 27 de marzo.
Na Liga Galega Infantil Masculina no seu grupo Norte polo título e dentro da undécima xornada de liga o Fisober visitaba ao Ribeira FS no P. Somos Fútbol de Lugo na tarde do domingo con triunfo dos lucenses por cinco a catro.
Polo Fisober formaron: David, Adrián, Pablo Costa, Gabriel, Iago Insua; tamén xogaron: Miguel, Juan, Eloy Figueroa, Pablo Taboada, Mario.
Os goles costeiros foron obra de Pablo Taboada e Iago Insua en dúas ocasións cada un.
Os colexiados foron Tania Penabad e Adrián García.
A vindeira xornada o Fisober recibe ao Transricard Distrito Ventorrillo tamén en principio o finde do 27 de marzo.
-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad