VITORIA DO UD MONTE O CF LIRA, (1-0), NO CHOQUE SABATINO DOS QUE SE XOGAN NESTE “ENTROIDO”. O REMATE DO CHOQUE O ADESTRADOR LIRACHO, GABRIEL FORMOSO, PRESENTOU A SUA DIMISIÓN.

Os xogadores do Monte Louro felices co trunfo no derbi.

 

UD Monte Louro 1-0 CF Lira

Choque tremandamente tenso o que se viveu no “Agra de Filgueira”, e no que o colexiado Samuel Gil Caldelas, amosou 3 vermellos, un a Pablo Vidal, (45´), e outro a Antonio Martínez, (86), por para dos de Louro, e un a Raúl Lago, (83´), por parte dos de Lira, ademáis de amarelos a Manuel Chouza, (49´), Gabriel Hermida, (72´) w Juan Lois, (82´), por parte dos lirachos e a Alberto Balayo, (41´), Diego Iglesias, (48´), Manuel Cartamil, (60´) e a Óliver, e Raúl Castelo, no desconto final. Polo tanto un choque moi tenso e trabado, no que se levaron os 3 puntos os loureses cun tanto de Antonio Martínez, de penalti, no minuto 42, A pesares de chegar a xogar todo o segundo tempo o equipo lourés, que vai de colista, e de xogar o treito final con 2 homes menos, os lirachos non foron quen de puntuar. O remete do encontro o xove adestrador dos de Lira, Gabriel Formoso, presentou a sua dimisión.

Este choque fora aprazado por COVID-19 ó 9 de Xaneiro, na 8ª xornada da Liga da Costa Grupo 1A.

 

Encontros para este Entroido

 

 

-Foto : FaceBook UD Monte Louro

-Texto : piratasdemuxia