VITORIA DO UC CEE FEMININO SOBRE O VICTORIA FC “C” NA 5ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3.

Saray Duarte fixo os dous goles ceenses, o da vitoria no 92´.

 

UC Cee 2-1 Victoria FC “C”

Muchi, (Coordinador UC Cee) : “Recibimos esta semana ao Victoria C santiagués na mañá do domingo, onde fomos quen de firmar 3 novos puntos ‘in extremis’.

E iso que comezaron as visitantes adiantándose no marcador cun gol de penalti.
A partires de aí, as nosas comezaron a dominar ante un moi bo equipo, que sempre estivo moi metido e ordeado no partido. As combinacións de mediocampo para arriba deron froito a numerosas ocasións, e ata dous disparos ao pau das nosas. María tivo un disparo lonxano que lle quedou frouxo, e Uxía e Sharay víronse freadas pola porteira visitante nos mans a mans. Non lle rematou aí o traballo, xa que noutra moi boa saída evitou o empate xusto antes do descanso.

Tralo paso por vestiarios, o traballo que estabamos a realizar viuse recompensado cun auténtico golazo de Saray Duarte, que tras recibir o balón dun despexe nunha falta lateral, quitou as telarañas da escadra dende fóra da área.

O partido volveuse moi igualado cos dous equipos buscando o gol que dera a vitoria, pero estivemos moi acertadas en defensa e en ataque seguimos creando ocasións. Nunha das máis claras, María Lijó veríase freada por falta cando encaraba á porteira.

Tamén Uxía e Lucía Canosa, en xogada individual, tiveron achegamentos perigosos previos ao agónico gol, novamente de Saray, no último minuto, tras golpear un rexeite da defensa visitante por enriba da porteira.

Tres novos puntos que permiten ás nosas rapazas seguir desfrutando na parte alta da táboa clasificatoria.

Para a semana, desprazarémonos ata Negreira para enfrontarnos ao ADN Nicrariense, buscando seguir con esta boa dinámica”.

 

FICHA TÉCNICA

 

CLASIFICACIÓN

Con etse 3 puntos o UC Cee feminino sube a 3ª praza con 12 puntos os mesmos co segundo o Arzúa e a 3 do lider Xuventú de Aguiño.

 

–Foto portada : Muchi

-Ficha Técnica : RFGF-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies