VITORIA DO UC CEE ANTE O CD BAMIO, (2-5) PARA AFIANZARSE NA 3ª PRAZA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3.

As ceenses nun adestramento.

 

Bamio CF 2-5 UC Cee

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Partido condicionado polas numerosas baixas e con algunhas imprecisións na fase inicial do ataque. Pouco a pouco fomos collendo ritmo e tivemos un par de ataques moi perigosos nos pés de Andrea, que non acertou a marcar, quen sí acertou foi o Bamio nun saque de esquiña para poñer o 1-0 no minuto 8. A partir de aí, empezamos a xerar ocasións e tivemos varias moi claras en mans a mans ca porteira, podendo marcar Uxía en dúas ocasións, Andrea, noutras dúas, e Canosa, nun tiro que saca unha defensa rival debaixo dos paos. Conseguíu por fin Canosa o empate no minuto 35, e ainda tivemos algunha ocasión máis pero sacounas ben a porteira rival.
Na segunda metade continuou a nosa superioridade, xogando un pouco peor pero con maior acerto de cara a gol.Marcou o 1-2 Maria Lijó nunha boa combinación con Andrea, e pouco despois Garrote recupera un balón pasado o medio campo, conduce 10 metros e logra o 1-3 nun tiro lonxano que parecía que sentenciaba o partido pero non tardou en recurtar distancias o Bamio, nunha falta lonxana que non acertamos a despexar. Quixo virse arriba o equipo rival pero nunha boa contra Barreiro ponlle o balón ó espacio a Uxía que centra pasado, controla Minerva que lla pasa a Lijó para marcar de cabeza. Puido marcar Andrea no seu debut pero un bo tiro lonxano saiu fóra por pouco. Xa co templo cumplido, Uxía en xogada persoal, vaise de dúas rivais, amaga o tiro diante da porteira, pisa o balón para regatear á porteira e entra co balón na portería”.

Bamio CF : Adriana.Míriam Nogueira, Míriam González, Micaela, Mélodi, Enma, Noemi, Laura, Noa, Alejandra e Lorena. Tamén xogaron : Nerea, Paula e Shayla.

UC Cee : Naira, Lucía Brión, Lucía Barreiro, Alba, Andrea, Lucía Canosa, Saray, María Lijó, Sharay, Uxía e Laura. Tamén xogaron : Antía e Paula.

 

Goles : 1-0, Micaela, (5´); 1-1, Lucía Canosa, (33´); 1-2, María Lijó, (64´); 1-3, Laura, (70´); 2-3, Lorena, (72´); 2-4, María Lijó, (87´); 2-5, Uxía, (93´).

Árbitro : Francisco Javier Raposo, (Non amsosou cartóns).

 

Clasificación : Con estas vitoria as ceenses que continúan na 3 praza, escápanse 3 puntos do cuarto, CD Unión que caía ante o segundo clasificado, Arzúa FCF, 3 puntos por enriba das ceenses.

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

-Foto : Muchi
-Texto : Rafa Suárez/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.