VITORIA DO UC CEE, (2-1), E DO UD CERQUEDA, ESTE NO DERBI ANTE O XALLAS FC, (1-3), NA 2ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL GRUPO 3.

O Xallas FC caía no derbi ante o UD Cerqueda.

 

Tan so dous encontros con equipos costeiros na 2ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, xa que o ED As Miúdas descansaba e había un derbi, tal e como vos apuntábamos a semana pasada. 

Debutaba o UC Cee que descansou na 1ª xornada e facíao ante o Cacheiras SD que viña de derrotar na primeira xornada ao Praiña Sporting Club, (2-1), e na outra banda o Xallas FC recibía ao UD Cerqueda no derbi da costa. Ambos equipos chegaban con vitoria na primeira xornada.

UC Cee 2-1 Cacheiras SD

Tivo o equipo ceense a Lucía Canosa como máximo exponente, xa quen dela foron os dous goles que serviron para levarse os 3 puntos no retorno o fútbol en activo tralo parón destes dous anos polo COVID-19. A xogadora ceense vía moi pronto porta para poñer por diante o seu equipo. Tan só ían transcurridos 6 minutos de xogo cando batía a sua tocaia na meta visitante, Lucía Casal. O empate para as de Cacheiras chegaba no ecuador da primeira metade, (20´), por medio de Uxía. Resultado co que se ía ao descanso. Xa na segunda metade e nada máis comezar as da Vila da Xunqueira poñíanse de novo por diante co segundo da conta particular de Lucía Canosa, (46´), para deixar os 3 primeiros puntos no Sampaio de Refoxos.

Xallas FC 1-3 UD Cerqueda

Estánselle a dar ben os derbis ao UD Cerqueda, encontros tremendamente difíciles ao tratarse de equipos que se coñecen moi ben e antre os que hai unha cousa diferente o xogar contra un veciño e contra rapazas que xa levan disputados moitos choques dende nenas, en moitos casos, e tanto no fútbol coma no futsal. As cerquedenses que xa viñan de derrotar no encontro inaugural ao ED As Miúdas, (2-1), adiantábanse aos 27 minutos de xogo cun tanto en propia porta da xalleira, Maite. Non se movería máis o marcador na primeira metade e aos poucos de comezar a segunda, Ana María facía o segundo para as da costa, (49´), e sen tempo cáseque a reaccionar chegaba o terceiro por medio de Paula, (55´). Sen nada que perder as xalleiras fóronse arriba e as cerquedenses repregáronse. O gol da de Santa Comba chegaba a 10 minutos do final por medio de Yasmina.

3ª Xornada

CF Noia-UC Cee : 07/11 ás 17:00 horas no anexo o “Julio Mato”, (Noia)

Cacheiras SD-ED As Miúdas : 07/11 ás 17:00 horas no  “A Cañoteira”, (Cacheiras)

UD Cerqueda-SR Calo : 07/11 ás 19:00 horas no  “Xaviña”, (Buño-Malpica)

Xallas FC : Descansa

AVISO : Os horarios poderían ser obxeto de troco.

-Foto : FaceBook Xallas FC

-Texto : piratasdemuxia