VITORIA DO FISOBER FSF SOBRE O ACADEMIA RED BLUE QUE ESTABA LIDER INVICTO NA PREFERENTE GALICIA FSF, (1-3).

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

-7ª Xornada-

ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA  1-3  FISOBER F.S.F.

5 CORUÑA: Carla, Marta, Sandra, Lenny, Sarai ; tamén xogaron: Natalia, Rocío, Ana, María Romero, Noa, Ainho, Alba Rodríguez, Inés, Alba Vázquez.

FISOBER: Lía, Ana, Mai, Adriana, Paula Fandiño; tamén xogaron: Nuriña, Carre, Saray.

ÁRBITROS: Eloy Bello Gómez e Jose Francisco Prados Caamaño.

GOLES: 0-1 min 2 Adriana, 0-2 min 7 Paula Fandiño, 1-2 min 16 Alba Rodríguez, ( descanso), 1-3 min 22 Paula Fandiño.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 7 ª xornada de Liga Preferente Galicia Feminina-Liga Autonómica no seu subgrupo A disputado na tarde do sábado no P. Novo Mesoiro de A Coruña e co que remataba a primeira volta.

O Fisober deu a sorpresa e foi quen de gañar na casa do líder invicto ata aquel momento, nun partido o que chegaba moi xusto de efectivos e con moitas tocadas pero foi quen de sacar o partido adiante nun encontro que foi televisado polas redes sociais do equipo herculino.

O partido comezou moi forte cunha ocasión para as costeiras despois dun pase de Ana para Adriana. O que respostaban as locais pouco despois.

Aos dous minutos nunha xogada de pizarra tras saque de esquina Adriana remataba para poñer en vantaxe as costeiras.

O Fisober a contra creaba moito perigo e de novo Adriana tiña opción de gol.

Pero as locais tampouco paraban de crear e facían intervir a Lía con ocasións claras.

Aos sete minutos de novo nunha xogada de estratexia era Paula Fandiño a que facía o segundo e poñía máis terra de por medio no partido.

As herculinas deron un paso adiante e fixeron que Lía tomara aínda máis protagonismo, freando as locais unha e outra vez.

Aínda así o Fisober estaba a facer un gran partido a pesares das dificultades.

Ocasións para as locais e tamén para Mai a contra.

No minuto 16 as locais acurtaban distanza cun gol de Alba Rodríguez. Os últimos minutos desta primeira metade as herculinas creaban moito perigo pero atopábanse cunha Lía inmensa, que facía chegar en vantaxe as locais.

No arranque da segunda metade un roubo de Paula Fandiño e unha excelente xogada individual culminada cun gran gol poñía o un a tres no electrónico.

A segunda metade tiña menos ocasións e un maior control. Aínda así tiña que aparecer Mai para curtar unha xogada perigosa local.

O Fisober seguía a saír a contra e case marca Nuriña.

Os minutos pasaban e o resultado non trocaba. E como nada trocaba a falla de cinco minutos as herculinas arriscaban co xogo de cinco. O Fisober defendíase ben e incluso tiña opcións despois de roubo.

As herculinas non chegaban ao éxito e daban forzas as costeiras. Nos últimos segundos a ex do Fisober a camellana Inés tiña unha boa ocasión pero aparecía de novo Lía e o triunfo viaxaba cara A Costa.

A vindeira semana o Fisober comeza a segunda volta visitando ao Meigas.

-Fotos : Fisober FSF

-Crónica : Luis Sambad

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies