VITORIA DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA FSF NUN IGUALADO CHOQUE CO SD A GAIOLA, (3-2).

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

Paula Fandiño fixo o terceiro das fisoberistas.

FISOBER FSF 3-2 SD A GAIOLA

FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Nuriña, Uxía, Saray ; Tamén xogaron: Lucía Martínez, Adriana, María Dumbría, Lucía Canosa.

GAIOLA: Bea, Sofía, Marta, Estela, Sara; Tamén xogaron: Sandra, Carlota, Raquel.

ÁRBITROS: Jairo Mosteiro, David Miras.

GOLES: 1-0 min 4 Uxía, 1-1 min 9 Sara, 2-1 min 15 Lucía Canosa; ( descanso) 3-1 min 28 Paula Fandiño, 3-2 min 30 Estela.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 19 ª xornada de liga Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.

Ledicia final das rapazas do Fisober.

O Fisober segue a mostrarse moi forte no Conco e acadou un novo triunfo nun partido igualado.

O partido comezou como foi moi parexo, a primeira gran oportunidade foi para as visitantes despois dunha perda das costeiras. A resposta foi por parte de Paula Fandiño que no seu tiro cruzado vía como Bea Lista evitaba o gol.

No minuto catro un roubo de Uxía e unha parede con Saray remataba con gol desta última para poñer en vantaxe as locais.

Despois primeiro Nuriña e despois Adriana case aumentan distanzas. Despois dúas grandes oportunidades de Paula Fandiño que se atopaban ca porteira Bea Lista en ambas.

Pero aos nove minutos unha contra das santiaguesas propiciaba a igualada co gol de Sara adiantándose a Sharay. Unha Sharay que tiña que intervir pouco despois para evitar o gol visitante.

Aos quince minutos aparecía Lucía Canosa quen despois dunha xogada individual marcaba cun tiro a media altura bicando o pau.

Antes de rematar a primeira metade dúas boas oportunidades para o Fisober a primeira por parte de Paula Fandiño e a segunda de Adriana.

A volta dos vestiarios todo seguía igual, a primeira ocasión foi para as locais cun envío de María de Dumbría para Saray que mandaba o seu lanzamento ao pau.

O Fisober intentaba facer posesións longas para controlar o partido neste segundo tempo. As ocasións aparecían primeiro cun envío de Paula Fandiño e logo cun de Adriana que despois dun rebote remataba no longueiro.

Mediada esta segunda metade despois dun saque de esquina un lanzamento exterior de Paula Fandiño remataba co tres a un.

Co gol apretou máis o conxunto visitante para intentar voltar ao partido. Primeiro cunha contra e logo cunha xogada que despois da primeira parada de Sharay o rexeite quedaba para Estela que voltaba a poñer o partido nun pano.

As visitantes apretaban e poñían en apuros a Sharay que evitaba a igualada.

A última gran ocasión do partido foi para Paual Fandiño pero entre o pau e Bea Lista evitaban o gol da tranquilidade.

Chegándose así ao fin do partido con triunfo local.

A vindeira semana o Fisober visita Bertamiráns para enfrontarse ao Meigas moi probablemente na tarde do domingo.

-Texto e Fotos : Fisober FSF/Luis Sambad