VITORIA DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA FSF E DERROTA DO EQUIPO MASCULINO CADETE EN LUGO.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

CIDADE DE AS BURGAS B 3-0 FISOBER FSF

BURGAS B: Noa, Fara, África, Aroa, Canolich. Tamén xogaron: Carlota, Lucía, Carlota Garayzabal.

FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Ana, Uxía; Tamén xogaron: Claudia, Lucía Martínez, Nuriña, Carre, Saray.

ÁRBITROS: Adrián Gonzalez, Julio Fernández.

GOLES: 1-0 min 1 África, 2-0 min 3 Aroa, ( descanso), 3-0 min 32 África.

Partido correspondente a 28ª xornada de Liga Autonómica- Preferente Galicia disputado na tarde do sábado no Anexo do Munipal dos Remedios de Ourense.

O Fisober entrou mal no partido e despois xa non puido enderezar o rumbo a pesares de intentalo.

No primeiro ataque xa se puxeron por diante as locais e xa todo foi costa arriba para as costeiras. Respostaron cun envío de Paula Fandiño para Adriana que parou a porteira.

E na seguinte despois dun saque de esquina facían o segundo as locais.

Carre tiña a mellor ocasión para o Fisober nestes momentos de partido.

Sharay tamén aparecía e despois era Uxía a que tiña a ocasión para as costeiras. Sharay paraba tamén as súas.

Na segunda metade intentou apretar un pouco máis o conxunto visitante, pero o Burgas aparecía nas contras poñendo en apuros a Sharay.

Adriana tiña a primeira ocasión para o Fisober na segunda metade, unha Adriana que tivo a segunda ocasión visitante tamén.

Decidiu arriscar co xogo de cinco o Fisober con moito tempo por diante.

O Fisober intentabao pero non creaba moitas ocasións. Nunha contra con tiro de Uxía as locais salvaban o gol na liña.

A sete para o fin África facía o terceiro local e pechaba case o partido.

Despois ocasións para Paula Fandiño e para as locais pero o marcador xa non se moveu.

A vindeira semana o Fisober volta a xogar a domicilio visitando a outro filial coma o da Fervenza.

Esta semana tamén se coñeceu que Mai ten unha lesión no xeonllo que de momento tera un tratamento conservador.

LIGA GALEGA CADETE MASCULINA

Nas categorías inferiores tan solo xogaba o cadete masculino que visitaba dentro da 27ª xornada no grupo Norte ao CP Casas en Lugo no P. Palomar con resultado de seis a dous para os locais.

Polo Fisober formaron: Brais, Javi, Álex, Iago Larrañaga, Adan; tamén xogaron: Adrián, Pablo Costa, David, Leo, Iago Insua.

Os goles costeiros foron obra de Leo e Adan.

Os colexiados foron Oscar Serrano e Nicolas Vázquez.

A vindeira semana o cadete volta a Lugo para visitar ao Ribeira B.

-Foto : e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad