VITORIA DO ED AS MIÚDAS SOBRE O BANDEIRA, (3-0), NA 2ª GALEGA FEMININA G3 CON “GOL OLÍMPICO” ADICADO A JOSÉ MARÍA GARCÍA.

ED As Miúdas con novo material deportivo.

 

ED As Miúdas 3-0 Bandeira SD

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Notables baixas nas locales na tarde do domingo, pero non se notaron no campo no que foi o mellor duelo das de Muros no que vai de temporada. Pronto empezaron a dominar as Miúdas metendo as de Bandeira en campo propio e achegándose con perigo á meta de Denise, que en parte evitou un resultado máis claro. A presión era alta e os envites sucedíanse nos pes de Pati, capitana onte pola baixa de Martina, que rubricou un gran partido so empañado pola falla de acerto cara a rede, pero o equipo agradeceu a sua labor coas centrales durante os 90 minutos.

O duelo levaba a guía de Leti e María, coa batuta no medio do campo movían o balón con perigo e recuperaban rápido tras pérdida en campo rival. A lata abreuna Ainoa, quen tras moito insistir volvía a ver como as rivales so a podían frenar con faltas e tras unha internada na area en velocidade sería derribada pola porteira, pena máxima que Antía non desperdiciou no minuto 21.
O bo facer defensivo evitou que Laura apenas tocara balón en toda a primeira parte, so unha xogada en longo que moi atenta saíu a despexar escorrnetando o perigo.

Antes do descanso e tras moitas ocasións sin froito Ainoa fusilaría a Denise dentro da area tras un rexeite da porteira, minuto 43 e o ambiente na grada festexaba o bo facer das locales. Á volta das casetas mesma tónica e turno para as Miúdas máis novas, debut de Aitana, que con so 13 anos dou mostras de brega incansable dende o medio campo e pronto sacudeu o nervio no seu primeiro día de “traballo” oficial. Gala poría a puntilla de maneira espectacular, malia que algún “periolisto” comenta que moitas futbolistas non chegan dende o córner á portería co balón, a canteirana executou de maneira maxistral facendo todo un golazo “olímpico” en son de ZASKA, JM García vai por vostede! Minuto 53 e o marcador xa non sufriría cambios.

Si tuveron oportunidade as visitantes cara o final, pero Laura mostrouse inexpugnable e luceuse cunha boa intervención nun man a man. Pati tampouco atoparía o merecido permio do gol, pero si levaron a ovación en conxunto o acabar tras un serio e traballado encontro onde Miúdas veteranas e as menos experimentadas deron todo canto tiñan nos 90 minutos”.

 

FICHA TÉCNICA

 

CLASIFICACIÓN

 

PROXIMO ENCONTRO

UC Cee-ED As Miúdas

-Día : 10/11/2019

-Hora : por determinar

-Posición/Puntos UC Cee : 3º/15

-Posición/Puntos ED As Miúdas : 4º/10

 

-Texto : Fran Figueroa-piratasdemuxia.es

-Ficha Técnica : RFGF-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies