VITORIA DO CAMELLE SOBRE O CASTRELO E EMPATE ANTRE MUROS E LIRA NOS ENCONTROS SABATINOS NA COSTA :

Felipe Barreiro fixo un “Hat-trick” co SD Camelle.

Tal e como vos apuntábamos na axenda de encontros das ligas da costa tan só había 2 encontros na tarde do sábado, o que enfrontaba ao CD Muros e o CF Lira, (0-0), na Liga da Costa, (2ª Autonómica G2), e o que enfrontaba ao SD Camelle e o CF Castrelo, (4-2), na 3ª da Costa, (3ª Autonómica G4). O resto tanto nas duas ligas netas costeiras como na 1ª Galicia G2 e na Preferente Norte xóganse na tarde deste Domingo 26 de Xaneiro.

 

 

LIGA DA COSTA

 

CD Muros 0-0 CF Lira

Sarillo, (Delegado do CD Muros) : “Na primeira parte vironse dous equipos moi igualados. Ningún era capaz de dominar. Houbo ocasións pra os dous bandos. Xandre ten que facer un paradón para evitar o 0-1, e Iván Cerilla mandou un balón ao pau. Na segunda foi a cousa distinta. Mandamos en todo o momento, e o partido xogouse no seu campo. Sendo eso un acoso e derribo, gozando de infinidade de ocasións. Pero a bola non quixo entrar. O Lira inda se puido levar o partido nalgunha contra”.

Juan Rey adestrador do CF Lira) : “Chegabamos outra vez mais baixo minimos e con 6 baixas , polo que se presentaba unha tarde complicada en Miraflores. Un campo difícil, un rival que aplica moita intensidade e con un bo numero de efectivos para ter varias solucións e refrescar o equipo cando o considerasen oportuno. Nos tiñamos claro que había que sufrir e igualar en intensidade si queriamos sacar algo. Plantexamos un partido con moitos xogadores por detras do balón e trantando de buscar contras. A primeira parte foi un toma e daca con un par de boas ocasións por banda.
Na segunda o Muros apretou moito, e nos que non tiñamos maneira de refrescar o equipo pelexamos ata o final. Neste periodo o Muros tivo boas ocasions pero entre un Baba moi acertado e un bo traballo defensivo non conseguiron marcar. Así e todo nos teríamos tamén unha boa ocasión en unha contra que rematou Óliver e pasou lambendo a escadra. Pero o dominio territorial foi do rival. Un bo punto a espera de recuperar efectivos canto antes”.

Goles : 0-0

Árbitro : Óscar Martínez Santos

Incidencias : Amonestou Óscar Martínez polo CF Lira a : Yerai, Formoso, Miguel e Oliver. Polo CD Muros a ninguén.

 

19ª Xornada

Cabana SD 2-1 Sporting Zas

SD Coristanco 3-1 UD Cerqueda

SD San Lorenzo 0-0 SD Castríz

Corme CF 4-3 Muxía CF

CD Baiñas 2-5 UC Cee

SCD Malpica 1-3 SD Ponteceso

SCD Buño 1-4 SCDR Esteirana

CD Muros 0-0 CF Lira

 

3ª DA COSTA

 

Partido moi entertido o visto no “Rodeiro”.

 

SD Camelle 4-2 CF Castrelo

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Camelle) : “Foi un partido moi igualado. O importante era conseguir os tres puntos para seguir na loita por meterse na fase de ascenso. Apretou o Castrelo na segunda parte, pero conseguimos aguantar e sentenciar o partido.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do CF Castrelo) : “Partido que se decideu en detalles nos goles. Poñeríamonos por diante pero en 5 minutos remontarían o partido en 2 fallos nosos. Empataríamos nun rexeite que deixa o porteiro, e eles poñeríanse o pouco co 3-2, tralo que empezaríamos a dominar algo máis o partido, pero un gol en propia, e a expulsion acabaria cos nosos animos”.

 

Goles : 0-1, Samuel, (7´); 1-1, Barreiro, (10´); 2-1, Barreiro, (18´); 2-2, Luis “Capote”, (28´); 3-2, Barreiro, (32´, de penalti); 4-2, Miguel Riveiro, (67´).

Incidencias : O árbitro Iván Ferreiro Santos, expulsou con vermello direto ao xogador do Castrelo, Darío no minuto 69. Tamén amonestou no equipo vimiancés a : Luis “Capote”, Esteban Caamaño, Samuel e Adrián Pasantes. Polo SD Camelle amonestou a Santi “Maka” e Carlos “Calipo”.

 

17ª Xornada

D Camelle 4-2 CF Castrelo

UD Corcubión 0-3 UD Monte Louro

-CD Nantón 5-0 Sporting Seaia CF

CF Porteño 2-2 FC Camariñas

SD Laxe 1-3 Outes CF

Descansa : SD Ameixenda.

 

-Foto : piratasdemuxia.es

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies