VITORIA DO CADETE E DERROTA DO INFALTIL NAS CATEGORÍAS INFERIORES MASCULINAS DO FISOBER FSF.

INFERIORES FISOBER

Voltaban a competición despois do parón de Nadal os equipos inferiores masculinos do Fisober, para iniciar este 2023.

 

Na Liga Galega Infantil masculina dentro do seu grupo Norte A e dentro da 13 ª o Fisober recibía na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría ao Academia 5 Coruña, o resultado foi de cero a tres a prol dos herculinos, campión invicto desta primeira fase.

Polo Fisober formaron: Adrián, Eloy, Rubén, Pablo Taboada, Gael, tamén xogaron: Borja, Xavi, Mario, Miguel.

Os colexiados foron Carlos González e Mateo Ameneiro.

A vindeira semana o Fisober finaliza a primeira fase visitando ao Club del Mar San Amaro para finalizar a primeira fase de liga.

 

 

Na Liga Galega Cadete masculina dentro do seu grupo Norte e dentro da 14ª xornada primeira da segunda volta o Fisober visitaba na tarde do domingo no PM de Baamonde ao Concello de Begonte, co resultado de seis a nove a prol dos costeiros.

Polo Fisober formaron: David, Juan Emilio, Pablo Costa, Arturo, Álex, tamén xogaron: Brais, Mario, Javi, Iago Insua, Pablo Taboada.

Os goles costeiros foron obra de Álex en tres ocasións, Pablo Costa e Javi en dúas, Iago Insua e Arturo en unha.

Os colexiados foron Cristian Fontela e María López.

A vindeira semana o Fisober descansa para voltar a competición a final de mes visitando o CP Casás.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad