Victoria CF “B” 0-2 Bergantiños FC
Tarde solleira no campo da Visma para enfrontarnos ai filial do Victoria CF, sempre equipo perigoso polo bo trato co balón e xuventude que desprende as súas xogadoras.
Na primeira metade as locais ben plantadas defensivamente, fixeron que nos tivésemis máis posesión de balón aínda que nos minutos inicias sen gran perigo en ataque, ata que no minuto 22 unha gran recuperación de Lara López na área rival culmina cun centro para aparición de Blanca no segundo pao para cabacear a placer á rede, uns minutos que as locais quedaron noqueadas xa que na seguinte acción un gran desmarque de Cruz se plantaba contra a porteira, pero que esta última resolvía ben, seguimos dominando o partido con elas buscando algunha contra.
A segunda parte empezou co único tiro entre os 3 paus do equipo local, que volvería a ser dominado por un Bergan máis combinativo e sólido nas áreas, onde as nosas perdoaron ocasións claras como Inés ao remate dunha falta e Blanca que non chegou por pouco a un pase da morte de Cruz. Unha expulsión nas locais por dobre amarela, (Ana Bugallo, 68´e 74´), rompeu o partido nos últimos minutos, foron máis arriba creando perigo pero sen concretar ningún remate claro sobre Ainhoa. Unha boa contra lanzada por Sara Pita que cun pase deixaba en ventaxa a Cruz para que en carreira se plantase man a man coa porteira, e esta vez non erraba, para no 82 dar o gol da tranquilidade e definitivo 0-2 no marcador”.
Goles : 0-1, Blanca, (23´); 0-2, Cruz, (76´).
Proximo encontro
O Bergantiños recibe ó EFB Amistade, (8º clasificado), no As Eiroas o vindeiro 6 de Novembro ás 16:15 horas, (se non hai troco).
Clasificación
As carballesas con estes novos 3 puntos suben a terceira praza, cos mesmos 19 puntos, co Sardoma, (2º), e por debaiuxo segue o CD Lugo, tamén con 19, e a 1 punto do Orzán SD, lider do campionato.
-Foto : Departamento Prensa Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia