PREFERENTE FUTGAL FEMININA
Sharay, porteira do Fisober FSF.
FISOBER FSF 5-4 CD MOSTEIRO BEMBRIVE FS B
FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, María, Alba. Tamén xogaron : Andrea, Barca, Sabela, Saray.
BEMBRIVE: Carmela, Crystral, Lucía, Paola,Antía. Tamén xogaron : Alicia, Ana, Sara, Sofía, Nair.
ÁRBITROS: Diego Montoya, Isabel Rodríguez.
GOLES: 0-1 min 1 Antia, 1-1 min 2 María, 1-2 min 8 Antía, 2-2 min 25 Barca, 3-2 min 27 Barca, 3-3 min 30 Antía, 3-4 min 31 Antía, 4-4 min 31 Paula Fandiño, 5-4 min 37 Alba.
INCIDENCIAS : Partido disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría pertencente a 17ª xornada de liga.
CRÓNICA
O Fisober foi capaz de sacar adiante un partido moi espeso, ante un potente filial que sempre complica moito as cousas. O Fisober en toda a primeira metade non foi quen de entrar no partido, moi impreciso e sen ritmos. Así xa de saída Antía adiantaba as visitantes. Por sorte para as locais María respostaba case de seguido. Pero de novo ós oito minutos Antía poñía o un a dous a prol das viguesas. O conxunto visitante estivo moi intenso e froito diso que chegaran en vantaxe o tempo de lecer.
A segunda metade o conxunto costeiro mellorou un pouco, de saída probaron o xogo de cinco e Sharay case iguala. Minutos despois a sempiterna Barca igualaba, e pouco despois marcaba o tres a dous para darlle a volta ó electrónico. Seguiron xogando de cinco as locais e nunha perda de novo Antía igualaba o partido. Un gol que lle sentou mal as locais, xa que Antía completaba o seu poker para o tres a catro. Pero este gol foi o que espertou ó Fisober, que con goles primeiro de Paula Fandiño e logo de Alba deulle a volta ó marcador. Despois as visitantes saíron de cinco pero o resultado xa non se moveu.
A vindeira xornada chega a visita ó terceiro clasificado ó At. Arnoia.
-Fotos e texto : Luis Sambad/Prensa Fisober FSF