“Once” inicial de Iván Cancela.
SD Compostela 0-4 Selección Galega Afeccionados
A Selección Galega UEFA disputou este mércores o seu primeiro partido de preparación de cara á primeira fase da Copa das Rexións UEFA que terá lugar en decembro nas Rías Baixas e as sensacións foron moi positivas. O combinado autonómico que dirixe Iván Cancela derrotou por 4-0 á SD Compostela no partido que tivo lugar no campo de Santa Isabel, en Santiago de Compostela.
Despois das dúas primeiras sesións de adestramento, Galicia tiña ganas de medir o seu potencial ante un rival de primeiro nivel e enfronte estaba a SD Compostela, un dos favoritos absolutamente a todo na Terceira galega.
A selección de Iván Cancela completou unha gran primeira metade na que practicamente deixou encarrilado o encontro grazas ao dobrete de Carlos López e ao gol de Brais Abelenda. Galicia completou uns primeiros 45 minutos de moito nivel.
Na segunda metade, e con moitos cambios nos dous equipos, Galicia redondeou a súa goleada nunha acción desgraciada para Manu, futbolista da SD Compostela, que introduciu a pelota na súa propia portería despois dun servizo desde a banda dereita de Juan de Dora.
Galicia realizará a próxima semana o último adestramento antes da convocatoria definitiva para a disputa da primeira fase da Copa das Rexións UEFA ante Ceuta e Castela A Mancha.
Desde a RFGF agradecemos á SD Compostela por todas as facilidades para a disputa do encontro.
Foto de familia dos dous conxuntos.
Ficha técnica
SD Compostela : Anxo Pérez; Sergio Pereira, Queiruga, David Soto, Mon; Álvaro Casas, Josiño, Gabri Palmás, Alberto Freire; Primo e Rodri. Tamén xogaron: Saro, Pedro, Alfonso, Pablo Antas, Cristian, Manu e Baleato.
Selección Galega Afeccionados : Cortegoso; Jesús Varela, Iago López, Abel, Aarón; Diego, Uzal; Martín Lamelas, Carlos López, Brais Abelenda; e Adri Castro. Tamén xogaron: Paco, Adrián Gómez, Marquitos, Pablo, Javi Rey, Vitra, Trapero e Juan de Dora.
Árbitro: Vidal Fonseca (Santiago).
Goles: 0-1, Carlos López (min. 13). 0-2, Brais Abelenda (min. 33). 0-3, Carlos López (min. 35). 0-4, Manu en propia porta (min. 80).
-Texto e Foto : RFGF
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas