Raúl, ca Selección Alevín, (primeiro der. abaixo).
Comezou este luns o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de futsal base en El Ejido, (Almería), e tal como vos informamos días atrás, temos a dous representantes da costa. Na Selección Alevín está o muxián, Raúl Lema, do Fisober FSF, e na Benxamín o carnotán Rui Caamaño, que xoga habitualmente no Stellae de Padrón.
Na expedición galega tamén están a directiva da RFGF, a xalleira Silvia Cancela, e o adestrador muxián, Fran “Pioto”.
Victoria da Selección Alevín Masculina
A selección na que participa Raúl Lema, daba a única alegría da xornada para a expedición galega, derrotando por 6-2 a Murcia, con bo papel do xogador da Vila da Barca. Esta selección está enclavada no Grupo B, xunto cos murcianos e a Selección de Aragón. O próximo compromiso para os alevíns será mañán mércores a partir das 12 horas ante Aragón no Pavillón Municipal Santa María del Águila.
Rui, segundo pola esquerda por abaixo.
Derrota da Selección Benxamín Masculina e Feminina
Nos benxamíns está o carnotán, Rui, e a sua selección caía ante Extremadura por 8-2. Os galegos están no Grupo D, xunto con Asturias e os propios extremeños. A Selección Galega que dirixe Nin xogará hoxe martes a partir das 16 horas ante Asturias no Pavillón Municipal José Cano.
Pola sau banda a selección das rapazas caía ante Andalucía por 6-3. As galegas están enclavadas no Grupo B, xunto con Cataluña e as anfitrinas andaluzas. Tras esta derrota, Galicia medirase hoxemañá martes a Cataluña a partir das 10 horas no Palacio dos Deportes de Vícar.
-Fotos : futgal.es
-Texto : piratasdemuxia