PREFERENTE GALICIA FEMININA
-2ª Xornada-
CD MOSTEIRO BEMBRIVE B 2-3 FISOBER FSF
BEMBRIVE B: Iria, Andra, Lucía Osorio, Antía, Lucía Casal; Tamén xogaron: Sofía, Irene, Sofía Taboas, Liliana, Paola, Crystal, Zeltia.
FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Andrea, Nuriña, Tamén xogaron: Barca, Ana, Saray, Adriana.
ÁRBITROS: David Bastos, Aaron Domínguez.
GOLES: 0-0 o descanso. 0-1 min 22 Andrea propia porta, 1-1 min 31 Andrea, 2-1 min 32 Andrea, 2-2 min 34 Paula Fandiño, 2-3 min 36 Barca.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a segunda xornada de Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado na mañán do domingo no PM de Bembrive en Vigo.
Importante triunfo do Fisober en terras olívicas, nun igualado partido e nunha das pistas máis difíciles da competición.
O partido comezou moi igualado como se supoñía xa que o filial olívico viña de perder pola mínima fronte o Cidade de Pontevedra e vai dar moita guerra na competición dado o gran nivel das súas xogadoras.
As locais tomaron o mando, moi intensas e con moitas gañas de sacar algo positivo do partido.
Co paso dos minutos o Fisober foi tomando o tento o partido e tendo as primeiras ocasións claras sobre todo a partir da metade deste primeiro tempo. Pero sen chegar a desnivelar o tanteador.
Co extrano resultado gafas chegouse o tempo de lecer.
A volta de vestiarios o Fisober no minuto dous adiantouse mercede a un gol en propia porta da local Andrea.
Pero co gol as locais viñeronse arriba e as costeiras baixaron o seu nivel.
Así foi como mediada esta segunda metade Andrea rectificou o seu gol en propia cun novo gol pero desta vez para o seu equipo. E case sen dar tempo marcaba un segundo para dar a volta ó electrónico en poñer en vantaxe as locais.
Con estes dous goles as costeiras voltaron a despertar e mostraron os seus mellores momentos. Primeiro era Paula Fandiño a que igualaba cun golazo.
E pouco despois era Barca a que facía o terceiro gol costeiro, para darlle novamente a volta ó electrónico.
Nos últimos instantes as locais arriscaron co xogo de cinco pero non acadaron o seu obxectivo, co cal os tres puntos viaxaban co Fisober nun partido moi emocionante e non apto para cardíacos.
A vindeira xornada o Fisober recibe ó Rúa-Valdeorras.
-Foto e Texto : Prensa Fisober FSF