Vitoria apurada do lider UC Cee Feminino ante o Victoria FC, (1-2), antes de recibir ao ED Os Miúdos no “Derbi da costa”.

 

Víctoria FC 1-2 UC Cee

Parecía que ía a ser un choque máis doado para o lider da 2ª División Galega Feminina Grupo C, pero as cousas non foron de nada doadas, pois primeiro o equipo que dirixe Rafa Suárez tivo que remontar o gol inicial Antía Casas, que poñía por diante as santiaguesas aos 36 minutos de xogo. Empataba para as ceenses Lucía Canosa no 59 e o gol da vitoria chegaba no desconto por medio de Andrea Romero, para continuar liderando a clasificación con 15 puntos, 5 máis co CF Noia.

O vindeiro Domingo 23 de Maio as da “Vila da Xunqueira” reciben no “Sampaio de Refoxos” ao ED Os Miudos, que esta semana descansaba e que pecha a táboa clasidicatoria con 1 punto. P encontro comezará ás 12:00 horas ca arbitraxe do costeiro, Óscar Santos Rodríguez.

-Foto e Texto : piratasdemuxia