VITORIA A DOMICILIO DO CF MAZARICOS FEMININO SOBRE O EF LALÍN NA LIGA DE SANTIAGO.

 

EF Lalín 0-2 CF Mazaricos

José Ángel Carreira : “Encontro moi igualado ademáis de que chegábamos con duas baixas. Yas e Graci duas xogadoras moi importante para o equipo. Saimos concienciados do traballo defensivo que tíñamos que facer e que entrenáramos e saeu moi ben, rematando coa portería a cero, e sabíamos que os erros arriba ían chegar. Foi moi igualado todo o encontro pero María nun man a man coa lateral, encarouna, e levou o balón por banda tirando moi escorada e logrando o 0-1, con algo de sorte, xa que a porteira podía haber feito máis. O partido seguiu igual sen moito perigo por ambas partes. E xa co tempo cumplido unha combinación entre Lúa e Rita, deixan a Daniela soa diante da porteira para definir con con moita clase a un lado”.

 

 

O CF Mazaricos posando no “Ánxo Cortizo” de Lalín para piratasdemuxia.es

 

FICHA TÉCNICA

 

 

OUTROS RESULTADOS

EF Silleda 2-7 UD Estrada

Bandeira SD “B” 0-5 Praiña Sporting Club

 

PROXIMA XORNADA

O CF Mazaricos que ocupa momentaneamente a espera do resto de enfrontamentos a 9ª praza con 10 puntos, recibirá a vindeira xornada, estipulada oficialmente para o 16 de Outubro ao Victoria FC “B”, 6º clasificado con 2 puntos máis cas mazariquenses, pero cun encontro menos.

 

-Texto : José Ángel Carreira/piratasdemuxia.es

-Fotos : José Ángel Carreira/Jorge Villar “Gorrión”

-Ficha Técnica : RFGF/piratasdemuxia

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.