VIMIANZO PRESENTA ESTE SÁBADO A 1ª EDICIÓN DO “DUATLÓN VAL DE SONEIRA”

Formará parte do Circuito Galego de Duatlón.

 

Terá lugar no Salón de Plenos do consistorio vimiancés ás 14:00 horas a presentación deste novo evento deportivo.

O Concello de Vimianzo presentará este sábado a I edición do Duatlón Val de Soneira, pertencente ao Circuíto Galego de Duatlón de Estrada 2020, no Salón de Plenos do Concello.

Esta administración, organizada polo Concello e pola Federación Galega de Triatlón (FEGATRI), celebrarse o domingo 29 de marzo e será a terceira proba co circuíto galego, despois das que se celebrarán en Moraña e Santiago.

Ademais da proba federada, tamén se celebrará unha proba popular aberta a todos/as deportistas interesados en participar.

No acto de presentación estarán a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o padriño da proba, Alberto Castiñeira; o concelleiro de Deportes, Mario Andújar; o presidente da Federación Galega de Triatlón, Gonzalo Triunfo; o presidente do Club Triatlón Costa da Morte, David Calzas e o técnico de Deportes do Concello de Vimianzo, Víctor Santos.

 

-Foto : Piratasdemuxia.es

-Texto : Departamento de prensa do Concello de Vimianzo

 

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies