O pavillón municipal de Vimianzo será o escenario dun dos eventos deportivos máis agardados do Nadal: o Maratón de Fútbol 3×3, que se celebrará o 26 de Nadal de 2025, a partir das 18:00 horas e ata remate.
O torneo, organizado polo Soneira SD, Festa Mexicana Vimianzo e a Asociación Cultural Cherinkas, e co apoio do Concello de Vimianzo, promete unha tarde-noite cargada de convivencia, espectáculo e fútbol reducido, unha fórmula que sempre garante intensidade e diversión para participantes e público.
Formato e inscricións
O maratón desenvolverase baixo a modalidade 3×3, un formato áxil e moi dinámico. Cada equipo poderá inscribir un máximo de 6 participantes, e o prezo por equipo establécese en 35 puntos.
Haberá premios para os tres primeiros clasificados, polo que a competitividade está asegurada entre os combinados que participen.
Torneo de Punteirolos
Como complemento ao maratón principal, tamén se disputará un Torneo de Punteirolos, engadindo un plus de entretemento e participación nunha cita xa de por si sempre especial nas festas de Nadal en Vimianzo.
Sorteo previo
A organización anuncia ademais que o sorteo terá lugar o xoves 25 de Nadal ás 21:00 horas no Bar London, como antesala perfecta ao gran maratón do día seguinte.
Contacto para inscricións
As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información ou formalizar a inscrición a través do teléfono: 662 191 918
-Foto : A orgañización
-Texto : Xosé Búa “Pirata”