Aquí tes os vídeos co resumo do encontro e as manifestacións post-encontro de Óscar Gilsánz. Yeramy e José Ángel. Un bonito choque antre o Depor e o Córdoba, (1-1), xogado o 7 de Marzal do 2025 no Estadio de Riazor ante 20.625 espectadores.
Un choque no que se veu a dous equipos que querían gañar ata o pitido final. Foi mellor o Córdoba na primeira metade e na segunda o Depor tivo moitas como para levarse o choque.
Reparto xusto no que hai que destacar a mala xestión do colexiado a hora de non cortar con cartóns a gran cantidade de faltas recibidas por xogadores coma Mella ou Yeremay para que estes non progrsase, ugualmente unha entrada por detrás a Diego Gómez aos poucos minutos de entrar.
Incidencias : Antes de comezar o encontro gardouse un minuto de silencio en memoria de David García de la Loma, árbitro de Segunda Federación; e dos ex xogadores branquiazuis Amador Carballo, e Miguel Picos. Amador que nós deixou fai uns días tristemente, foi xogador do RC Deportivo ademáis de haber sido de varios equipos da costa antre eles o Cee, Ponteceso e o Carnota da sua terra natal.
Tamén hai que dicilo, os Riazor Blues estiveron calados e cas bandeiras baixas ata o minuto 12 en protesta pola prohibición de despregar un tifo con retranca que facía alusión ao dano que fan os horarios e as datas nas que temos que sufrir con encontros en venres, luns, etc, que ademáis de perxudicar aos afeccionados perxudican as cidades na sua economía impedindo que oas afeccionados pogar facer gasto nelas e mesmamente en días coma o de onte na contaminación, xa que o traballar obriga a xente a ir en conche e ademáis creando numerosos atascos nas cidades. A pancarta que tamén alude a moitas realidades que temos que sufrir os afeccionados que imos o campo, así coma os que por todo o que duin non poden ir. Foi prohibida porque o monigote parecíase a Tebas, todo un acto de liberdade de expresión.
-Foto e vídeos : RC Deportivo