Cada ano imos vendo como pasan as xornadas e calificando varios goles como o mellor da tempada e chega outro que pasa a este a segundo e así ata que se esgotan as xornadas e os goles. Cada un ten os seus : “Para min o mellor o do encontro tal, para min o de cual”, é dificil que haxa coincidencias, (ainda que as haxa), cado hai moitos goles espectaculares, e este ano no Depor houbo golazos.
Eu escollín os meus 3 favoritos, dous, os de Riazor, tiven o pracer de velos en direto ademáis moi pretiño o estar na grade de General, e cunha perspectiva xenial, o estar na zona do corner pegado a Tribuna, o outro vino por televisión e foi un todo, unha xogada de “Oliver e Benji”, e a finalización de Soriano perfecta. Estéticamente o gol en sí non foi ningunha excelencia pero o todo, foi estratosférico, de quedarche os ollos coma pratos.
Os outros dous, un foi o do empate contra o Andorra cando perdíamos por 0-1, para acabar remontando cun tanto de Chouri, o mítico xa para o recordo da alzada do banderín no corner no que nós estamos.
O outro foi un tremendo golazo de Yeremay que representaba o 1-1 co Almería e que é a seña de identidade dun virtuoso que é capáz de todo.
Subscríbete a nosa canle de YouTube sen compromiso ningún tan só para axudar a seu crecemento. Nesta canle poñemos tanto vídeos de fútbol coma de cousas culturais, festas, lugares extraordinarios…
A montaxe do vídeo foi de Paulo Búa e a música que se escoita de fondo é do músico muxián, “Mourae”, meu sobriño Lois Búa, polo que todo queda na casa.
Para escoitar a Mourae : https://www.youtube.com/watch?v=5ENzeAkl1Fo
–
-Vídeo, texto e foto : Xosé Búa “Pirata”