VIDEO-FOTOS DO RECORDO : “TORNEO “AFAC” BENXAMÍN E ALEVÍN NA PICOTA 2011″

 

Aquí tedes un vídeo que co paso do tempo se convirteu nunha “xoai” pois nunha tirada en preto de 7 minutos podemos ver a gran cantidade de rapaces e rapazas que con toda a ilusión do mundo defendían o escudo dos seus equipos, na grande maioría do clube da sua terra. Moitos deles continuaron no fútbol, fútbol sala, attletismo e outros deportes, e acadaron gran nivel e seguen a telo.

Un torneo da AFAC, (Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña), que foi de Fútbol 7 das categorías de benxamín e alevín, e que tivo lugar no Campo da Picota, (Mazaricos) os días 28 e 29 de Maio do 2011 e nél saen equipos coma o : Muxía CF, UC Cee, EFB Corcubión, CF Dumbría, Santa Comba CF, Cabana SD, SD Fisterra, ED Os Miúdos, SD Muros, FS As Baleas, SCDR Esteirana, CD Baio e FC Camariñas, así coma os colexiados que dirixiron aquelas duas xornadas extraordinarias das que disfrutaron os rapaces/zas, así coma os pais, familiares e afeccionados.

Suscríbete a nosa canle de YouTube

Se queres, suscríbete a nosa canle de YouTube. Non che obriga a nada e axudarasnnos a que teñamos un maior número de usuarios para o posicionamento da canle. Tan só tes que premer no recadro que pon : “Suscribirse”….Gracias anticipadas se o fas.

 

-Vídeo e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.