VÍDEO DO RECORDO NO 76 CUMPLEANOS DO ESTADIO DE RIAZOR.

 

O Estadio de Riazor cumpre hoxe 76 anos desde a súa apertura, co encontro ligueiro entre RC Deportivo e Valencia CF disputado o 29 de outubro de 1944.

O RC Deportivo celebra este aniversario publicando un vídeo no que en media hora pode verse na súa totalidade a exposición conmemorativa do 75 aniversario do recinto, que tivo lugar o pasado verán.

O Quiosco Alfonso albergou ‘Riazor 75: Recordos dun oceáno de soños’, unha mostra na que os afeccionados puideron rememorar a historia do Estadio coruñés. A Fundación RC Deportivo organizou, xunto ao Concello da Coruña, unha exposición que estivo aberta ao público durante mes e medio, entre o 17 de xuño e o 2 de agosto de 2020.

Algo máis de 5.000 persoas visitaron ‘Riazor 75: Recordos dun oceáno de soños’, aínda que seguramente serían miles delas máis de non ser pola situación derivada da pandemia de COVID-19. Agora, todos os seguidores que o desexen poderán visitar virtualmente a mostra na canle de YouTube do RC Deportivo.

-Vídeo e Texto : RC Deportivo