VÍDEO DO CF DUMBRÍA HOMENAXE AO CF DUMBRÍA “B” DA TEMPADA 2009/10 TRALO REPORTAXE DE “FOTOS DO RECORDO” DE PIRATASDEMUXIA.ES.

Chucho, (CF Dumbría), encimado por Fernando, (SD Buño).

 

Enorme o éxito que está a ter as “Fotos do recordo” que estamos a poñer estes días na web. Un detalle con todos aqueles que formaron parte daqueles encontros e cos clubes, que xa fixemos no 10º aniversario da web fai preto de 3 anos, e durante todo o ano, e que seguiremos a facer dado o grande, (enorme), seguimento que están a ter. Non baixou das 30.000 veces nun día, que foron abertos o completo os artigos de recordo que levamos feito, e desta volta as do CF Dumbría “B”- SD Buño, do 2009/10, no que os “oleiros” acadarían o título da 3ª da Costa e o filial dumbriés acadaría o ascenso, foron con diferenza as máis vistas, superando dende ás 20:50 horas do pasado Domingo ata ás 15:38, deste martes ás 47.000 visións.

O equipo dumbriés, (o cal agradecemos o detalle), tivo a ben facer un recordatorio desa tempada con xente coma : Ánxó, Tantán, Pablo Conde e seu irmán Javi, David Carreira, José Manuel, Poyo, Fernando, Jesús, Sergio, ou Pablo Muiño, antre outros, fixeron as delicias dos afeccionados dumbrieses, e tal como nos ilustraba o propio Pablo Muiño, colaborador neste artigo por parte dos do Conco : “Fixemos encontros memorables, tíñamos nos máis xente no campo co primeiro equipo”. Foron moitas as mensaxes de agradecemento que recibimos de xogadores e diretivos do CF Dumbría e do SD Buño, pois fai 10-11 anos non había a accesibilidade a internet que hai hoxe en día e moita xente non puido ver as fotos naquel entonces, como está a pasar nas lembranzas que estamos a poñer estes días e que quedan archivadas no “menú” da web en “Fotos Recordo”.

 

Esto decía sobre este artigo e este equipo do desaparecido filial dumbrías decía o equipo do Conco : “Estes días atrás a web piratasdemuxia.es publicou unhas fotos e crónica dun partido do CF Dumbría B-SD Buño da tempada 2009/10 onde o equipo local derrotou aos que serían campións por 2 goles a 1. Un bonito detalle que nos trae ao clube grandes recordos e que nos gustaría seguir lembrando e facendo unha pequena homenaxe a este equipo de xogadores moi xóvenes, cunha amplia representación de rapaces de Dumbría e onde a maioría pasaron anteriormente polas categorías inferiores…un grupo de compañeiros moi unido e sano, cun ambiente inigualable no vestiario e que co seu esforzo e compromiso durante toda a tempada conseguiron lograr o ascenso de Terceira a Segunda Autonómica. É significativo e honra ao noso clube que por exemplo o adestrador por aquel entonces era César Ferrío, agora presidente, e que xogadores como Pablo Conde e Carreira son os que adestran ao equipo senior actualmente. Acompañamos unha foto cos nomes de todos os que formaron aquel equipo e un video, con permiso das fotos de piratasdemuxia.es para lembrar e homenaxear ao CF Dumbría B 2009/10. Graciñas!!!”.

 

Aquí tes o vídeo que fixo o CF Dumbría para homenaxear a este grupo de rapaces, (agora homes), antre os que había un nutrido grupo de xogadores da casa, feitos dende as categorías inferiores.

 

 

 

 

Unha parte da bancada do Conco aquel día.

Aparecen seguindo aquel gran encontro : O pai de David Carreira, o avó de Cote de Fisterra, Ramiro, o pai de Martín que xogou noa xuvenís dumbriés, e agora xoga no UC Cee senior, está Suso, o eterno capitán do Dumbría e o seu carón Manolo López e Cives e mirando a cámara, Luis de Alvarellos. O neno Alberto, primo de Pablo Conde, co seu pai Alberto e seu tío Pablo.

 

-Texto : piratasdemuxia.es/Sergei

-Vídeo : CF Dumbría

-Fotos : piratasdemuxia.es

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

 


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies