VÍDEO-CHARLA : “FALEMOS DE FÚTBOL SALA” CON BRUNO GARCÍA E MIGUEL RODRIGO, ORGAÑIZADO POLO COMITÉ GALEGO DE ADESTRADORES.

 

Tralo grande éxito de seguimento e participación da primeira charla-coloquio orgañizada polo Comité Galego de Adestradores da RFGF e o Gabinete de Comunicación da RFGF, cos adestradores i ex deportivistas, Paco Jémez e Miroslav Djukic, no día de hoxe martes 31 de Marzal e dende ás 19:30 horas, tócalle o turno ao Fútbol Sala, co adestrador galego Bruno García e o andalúz Miguel Rodrigo, que coa moderación de César Méndez, un dos responsables da área de comunicación da RFGF, debatiran sobre o futsal galego e atenderán as preguntas dos afeccionados en direto na dirección : https://www.youtube.com/watch?v=TAN00AgTnTo

Na primeira e exitosa charla cos afeccionados, Paco Jémez e Miroslav Djukic foron seguidos na máis dunha hora de conversación cos internautas por unha media por enriiba dos 900 usuarios conectados ao mesmo tempo. Pararon ás 20:00 horas para ir a aplaudir a fiestra a labor dos sanitarios na pandemia do COVID-19, para continuar ata pasadas ás 20:30. Debido o seguimento decideuse traer unha nova edición, desta volta como decimos con dous dos grandes do futsal galego e o vindeiro venres haberá outra con dous novos representantes do fútbol galego, da que vos daremos contada información cando esté concretado tanto os poñentes coma o enlace para seguila.

 

Bruno García

O adestrador ferrolán foi elixido no 2018 como o terceiro mellor adestrador de fútbol sala do mundo nos Umbro Futsal Awards. O ex adestrador de equipos coma, O Parrulo Ferrol, Leis Pontevedra, Azkar Lugo ou El Pinar, (Córdoba), ous os chineses, Changchun e Zejiang Dragone, tamén adestrou as seleccións de Perú e Vietnam, e actualmente dirixe a Selección do Xapón, ca que no 2018 foi subcampión de Asia.

Miguel Rodrigo

Valenciano de nacemento, andalúz de corazón, Miguel Rodrigo foi adestrador de equipos coma o Banco de Grana FS, Supermercados Danis FS, e Caja Segovia, na primeira División Española, ou do Dos Hermanas e Jaen na Segunda, así coma dos italianos, Spanesi Petrarca Padova e Luparense Padova, así coma do ruso Dínamos de Moscú. Tamén dirixeu as seleccións de Japón, Tailandia, Rusia, Italia e Vietnam. Actaulmente é o director deportivo de fútbol sala da Real Federación Andaluza de Fútbol (RFAF).

 

-Foto e Vídeo : Comité de Adestradores Galegos.

-Texto : piratasdemuxia.es.

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies