VÍDEO-CHARLA : “FALEMOS DE FÚTBOL” CON PACO JÉMEZ E DJUKIC, ORGAÑIZADO POLO COMITÉ GALEGO DE ADESTRADORES.

 

O Comité Galego de Adestradores da RFGF e o Gabinete de Comunicación da RFGF, mantivo unha charla de fútbol cos ex deportivistas, Paco Jémez e Miroslav Djukic, compañeiros os dous no RC Deportivo no que pasaron moitas cousas xuntos, e que os une unha grande amizade.

Preto dun milleiro de persoas seguiron en direto esta primeira charla, (haberá máis), moi amena na que se falou moito de fútbol, ademáis do intre que nos toca vivir a todos ca crise do Coronavirus. A charla estivo moderada por César Méndez que ademáis de entrevistalos, fíxolles chegar as preguntas dos usuarios en direto. Pararon ás 20:00 horas para ir a aplaudir a fiestra a labor dos sanitarios na pandemia do COVID-19.

Como non tocouse o tema que os une co Depor e coa Coruña, que para Jémez, “e a miña casa, e gustaríame devolverlle o Depor o que nos dou. Creo que cando noschegou a oportunidade non era o momento, pero nun futuro creo que tanto eu como Dujkic algún día estaremos moi gustosos de entrenar o Depor”.

Duckic dixo que o Depor : “É unha praza moi apetecible para min, sempre setará no meu corazón e o Depor e alí naceu meu fillo e non descarto adestralo algún día”.

Preme no vídeo para escoitar e ver este magnifico evento que orgañizou o Comité de Adestradores Galegos que preside o tordoiés, Iván Cancela.

 

Miroslav Dujkic

Como xogador : Macva Sabac, Rad, Deportivo, Valencia CF e Tenerife. Tamén xogou no combinado nacional de Serbia.

Como adestrador : Selección de Serbia Sub 21, Partizan, Selección Serbia, Mouscrón, Hércules, Valladolíd, Valencia, Córdoba, Al Shabad, Partizán, e actualmente Sporting de Xixón.

Paco Jémez

Como xogador : Córdoba, Murcia, Rayo Vallecano, Deportivo, Zaragoza, Rayo Vallecano, e Lugo. Tamén xogou na Selección Española Absoluta.

Como adestrador : Alcalá, Córdoba, Cartagena, Las Palmas, Córdoba, Rayo Vallecano, Granada, Cruz Azul, Las Palmas e actualmente de novo no Rayo Vallecano.

-Foto e Vídeo : Comité de Adestradores Galegos.

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.