VICTORIA DO SD LAXE SOBRE O SPORTING SEAIA, (1-5), NO ÚNICO ENCONTRO EN SÁBADO DE TODO O FÚTBOL DA COSTA SENIOR, MASCULINO E FEMININO.

 

Sporting Seaia CF 1-5 SD Laxe

Das 9 ligas que levamos do fútbol costeiro, antre senior, veteranos e femininas, tan só se xogaba un encontro en xornada sabatina. Foi na 3ª da Costa, que outros anos tiña no sábado a maioría dos encontros. No Pedra Queimada  de Malpica, enfrontáronse o Seaia e o Laxe, choque no que os laxenses foron superiores en todo intre.

Os seaieses levan esta tempada gañados un encontro como local e outro como visitante, que rían repetir no seu feudo, pero un penalti aos 12 minutos de xogo xa poñía as cousas difíciles. Ángel Torres, transformaba o penalti para os laxenses, e dous minutos despois, él mesmo, poñía terra de por medio, (14´). Ferreiro no 24 acurtaba distanzas, e parecía que abría unha porta a reacción, pero pouco despois, Santi Casas, (35´), poñía o 1-3, para irse o descanso cunha boa renda. Torres no treito final, (82´), completaba un “Hat-trick”, e o incombustible Felipe, practicamente tralo saque de centro dos seaieses, facía o definitivo, 1-5, (87´).

Tralo encontro, o equipo da parroquia malpicana tivo unha cea-baile en Buño, para disfrute dos afeccionados. 

Sporting Seaia CF : Ánxo Pérez, Carracedo, Muiño, Iván, Ferreiro, Alex Mato, Sergio, Isaac, Ánxo Pose, Sergio Fernández, Pablo. Tamén xogaron : José Suárez, Mario, Añón e Diego.

SD Laxe : Jacobo, Mikel, Pombo, Jacinto, Iago, Gora, Alejandro, Miguel, Pablo, e Cebey. Tamén xogaron : Felipe, Jorge, Jesús, e José Ángel.

Goles : 0-1, Miguel Ángel Torres, (12´de penalti); 0-2, Miguel Ángel Torres, (14´); 1-2, Ferreiro, (24´); 1-3, Santi Casas, (35´); 1-4, Miguel Ángel Torres, (82´); 1-5, Felipe, (87´).

Árbitro : David Castreje Ferrío. Amonestou a Cebey, polo SD Laxe, (27´). Nun encontro moi limpo.

 

Axenda da xornada en todo o Fútbol da Costa : PREME AQUÍ

 

 

 

 

-Fotomontaxe e Texto : piratasdemuxia

-Foto Pedra Queimada : Sporting Seaia FC